Os residuos de aparellos eléctricos e electrónicos (RAEE)
Denomínase RAEE ós aparellos eléctricos e electrónicos, os seus materiais, compoñentes, consumibles e subconxuntos que os compoñen, procedentes tanto de fogares particulares como de usos profesionais, a partir do momento en que pasan a ser residuos.
Os residuos de aparellos eléctricos e electrónicos teñen códigos específicos dentro da Lista Europea de Residuos. Os códigos correspondentes recóllense na seguinte táboa:
Residuos de aparellos eléctricos e electrónicos | |
160209* | Transformadores e condensadores que conteñen PCB |
160210* | Equipamentos desbotados que conteñen PCB, ou están contaminados por eles, distintos dos especificados no código 16 02 09 |
160211* | Equipamentos desbotados que conteñen clorofluorocharbonos, HCFC, HFC |
160212* | Equipamentos desbotados que conteñen amianto libre |
160213* | Equipamentos desbotados que conteñen compoñentes perigosos, distintos dos especificados nos códigos 16 02 09 a 16 02 12 |
160214 | Equipamentos desbotados distintos dos especificados nos códigos 16 02 09 a 16 02 13 |
160215* | Compoñentes perigosos retirados de equipos refugados. |
160216 | Compoñentes retirados de equipos refugados, distintos dos especificados no código 17 02 15 |
200121* | Tubos fluorescentes e outros residuos que conteñen mercurio |
200123* | Equipamentos fóra de uso que conteñen clorofluorocarbonos |
200135* | Equipos eléctricos e electrónicos fóra de uso, distintos dos especificados nos códigos 20 01 21 e 20 01 23, que conteñen compoñentes perigosos |
200136 | Equipos eléctricos e electrónicos fóra de uso distintos dos especificados nos códigos 20 01 21, 20 01 23 e 20 01 35 |
O Real Decreto 110/2015, do 20 de febreiro, sobre aparellos eléctricos e electrónicos, establece que os produtores destes deben adoptar medidas para que, ó final da súa vida útil, estes residuos sexan recollidos e tratados correctamente. En Galicia, os residuos de aparellos eléctricos e electrónicos son xestionados a través dos sistemas integrados de xestión (SIX). Para obter máis información acerca dos SIX de RAEE, prema aquí .
As instalacións de xestión de RAEE
En Galicia existen varias plantas autorizadas para a xestión de residuos de aparellos eléctricos y electrónicos. As instalacións de xestión de RAEE deben cumprir cos requisitos técnicos establecidos no anexo XIII do Real Decreto 110/2015, do 20 de febreiro, sobre aparellos eléctricos e electrónicos.
No caso de que nunha instalación de tratamento de residuos de aparellos eléctricos e electrónicos se pretendan xestionar RAEE que conteñan gases fluorados e hidrocarburos (códigos LER 160211* e 200123*), normalmente asociados a un proceso de intercambio de temperatura (frigoríficos, conxeladores, aparellos que proporcionan automaticamente produtos fríos e aparellos de aire acondicionado), deberá cumprirse co especificado na “Nota Técnica Sobre Requisitos Técnicos a Cumplir por las Instalaciones de Tratamiento de RAEE" publicada polo Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente sobre o tratamento de residuos de aparellos eléctricos e electrónicos que conteñan clorofluorocarbonos (CFC), hidroclorofluorocarbonos (HCFC), hidrofluorocarbonos (HFC) ou hidrocarburos (HC), de forma que se garanta o cumprimento do disposto no RD 110/2015 e da lexislación medioambiental nacional aplicable en materia de residuos, emisións atmosféricas, responsabilidade medioambiental e en materia de protección da saúde dos traballadores e prevención de riscos laborais.
Autorización para a xestión de RAEE
Para poder realizar actividades de xestión de residuos de aparellos eléctricos e electrónicos a empresa deberá solicitar autorización como xestor de valorización de residuos perigosos ou non perigosos, en función do tipo de RAEE que teñan pensado xestionar e a súa codificación dentro da Lista Europea de Residuos.
A solicitude de autorización como xestor de residuos, debe conter a documentación establecida no Decreto 174/2005, do 9 de xuño, polo que se regula o réxime xurídico da produción e xestión de residuos e o Rexistro Xeral de Produtores e Xestores de Residuos de Galicia, e na Lei 22/2011, do 28 de xuño, de residuos e solos contaminados. Se quere consultar o procedemento e a documentación a aportar prema aquí .