Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda

CMATI

|
|
|
Compartir

A Plataforma GaIA

A Plataforma GaIA nace co obxectivo de ser a futuro o portal único de acceso a todos os aplicativos da Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental.

O sistema GaIA é unha plataforma desenvolvida para a Axencia de Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) no eido da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas.

A Plataforma Galega de Información Ambiental, GaIA converterase nun futuro nun punto único de acceso para entidades, que agrupará os actuais aplicativos sectoriais existentes en materia ambiental.

As principais características da nova Plataforma GAIa son:

  • Creará un punto único de acceso para as empresas para cumprir coas súas obrigas en materia medioambiental coa Xunta de Galicia.
  • Plataforma accesible, integrable, escalable e con capacidades de interconexión e de interoperabilidade con outros sistemas de información ambiental.
  • Soporte para un Rexistro único de empresas medioambientais e centros de traballo que será nun futuro compartido por todas as aplicacións sectoriais que manexan información ambiental.
  • Mellorará a cantidade e calidade da información medioambiental.
  • Sistema de credenciais unificado, permitindo o acceso á plataforma mediante claves concertadas, DNIe ou certificado electrónico.
  • Desenvolvemento dun módulo de tramitación electrónica en materia de residuos, denominado e-Residuos, que substitúe ao actual SIRGa privado.
  • Proximamente permitirá a tramitación de forma telemática de procedementos administrativos, e-Tramitación (procedementos de comunicación e autorización contemplados na Lei 22/2011 de Residuos e Solos Contaminados).
  • Soporte dos estándares do proxecto ETER: E3L, E3S e E3P.