Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda

CMATI

|
|
|
Compartir

Aceites industriais

  • Tanques de almacenamento de aceites usados
  • Tanques de almacenamento de aceites usados
  • Tanques de almacenamento de aceites usados
  • Sistema integrado de xestión de aceites

Os aceites industriais usados

 

O Real Decreto 679/2006, do 2 de xuño, polo que se regula a xestión dos aceites industriais usados, establece as medidas necesarias para previr a incidencia ambiental dos aceites industriais, así como para facilitar a súa valorización, preferentemente mediante rexeneración ou outras formas de reciclado, de acordo coa orde de prioridades establecida no artigo 7.

 

Os aceites industriais teñen a consideración de residuos perigosos, e a maioría deles codifícanse dentro da Lista Europea de Residuos dentro do grupo 13 (Residuos de aceites e de combustibles líquidos).

 

Os residuos de aceites usados recollidos no Real Decreto 679/2006, e definidos como aceites industriais que se tornasen inadecuados para o uso que se lles asignou inicialmente, pertencen aos grupos da Lista Europea de Residuos son os que constan na seguinte táboa:

 

Residuos de aceites usados

13

Residuos de aceites e de combustibles líquidos (excepto os aceites comestibles e os dos capítulos 05, 12 e 19)

1301

Residuos de aceites hidráulicos

1302

Residuos de aceites de motor, de transmisión mecánica e de lubricantes

1303

Residuos de aceites de illamento e transmisión de calor

1305

Restos de separadores de auga/substancias aceitosas

1308

Residuos de aceites non especificados noutra categoría

 

Galicia conta con dous sistemas integrados de xestión autorizados para a xestión dos aceites industriais usados recollidos na comunidade autónoma. Consulte aquí os sistemas integrados de xestión autorizados en Galicia para a recollida de aceites industriais usados.

 

As instalacións de xestión

 

Na actualidade existen distintos procedementos para a xestión de aceites industriais usados. A modo de exemplo móstrase un esquema con algunhas das opcións de tratamento que se poden aplicar aos aceites industriais usados:

Exemplos de tratamento de residuos de aceites e de combustibles líquidos

 

As principais operacións de valorización para o tratamento de aceites usados aparecen definidas no Real Decreto 679/2006, do 2 de xuño como:

 

  • Rexeneración de aceites minerais usados (R9): Proceso de valorización (final), mediante o cal se produce aceite de base industrial por medio dunha nova refinación dos aceites usados, combinando a súa destilación con procesos físicos e químicos que permitan eliminar os contaminantes, os produtos de oxidación e os aditivos que conteñen, ata facelo apto de novo para o mesmo uso inicial, de acordo cos estándares de calidade e as autorizacións esixidos pola lexislación vixente.
  • Reciclaxe de aceites minerais usados (R5): Proceso de valorización dos aceites usados que permita a súa utilización na fabricación doutros produtos como asfaltos, pinturas, tintas, vernices, cauchos, etc.
  • Tratamento previo de aceites minerais usados (R5): Proceso de valorización consistente na separación das impurezas contidas nos aceites usados, como auga ou sedimentos, por medio de centrífugas ou filtros, ou da adición de substancias químicas. Así mesmo, terá esta consideración a separación das fraccións lixeiras dos aceites usados con vistas á utilización das fraccións pesadas como combustible en instalacións industriais adecuadas ou en grandes equipamentos mariños, cumprindo os estándares de calidade ecolóxica e industrial requiridos pola lexislación vixente para os combustibles e carburantes.

 

Os produtos obtidos como resultado do tratamento dos aceites que vaian ser comercializados e utilizados como combustibles deben cumprir co O Real decreto 61/2006, do 31 de xaneiro, polo que se fixan as especificacións de gasolinas, gasóleos, fuel óleos e gases licuados do petróleo, se regula o uso de determinados biocarburantes e o contido de xofre dos combustibles para o uso marítimo, que establece as especificacións das gasolinas, gasóleos de automoción (clase A), gasóleos para uso agrícola e marítimo (clase B) e de calefacción (clase C), fuel óleos, propano, butano e gases licuados do petróleo (GLP) de automoción, así como a regulación do uso de determinados biocarburantes.

 

En concreto, nas instalacións de xestión de aceites deberán analizarse os parámetros recollidos no anexo IV do citado Real Decreto. O laboratorio que realice as análises deberá estar acreditado para a realización dos ensaios segundo a norma UNE-EN ISO/IEC 17025:2005. A toma de mostras deberá ser realizada tamén por entidade acreditada.

 

As empresas autorizadas para a elaboración de combustibles a partir de aceites deben remitir trimestralmente un informe da actividade que inclúa a información recollida no arquivo cronolóxico, as analíticas efectuadas sobre os produtos obtidos e calquera outra información que se estime de relevancia.

 

Prema aquí se desexa consultar as instalacións autorizadas en Galicia para o tratamento de aceites industriais usados, introducindo no campo de Actividade detallada a actividade de Valorización de aceites minerais.

 

Autorización para a xestión de aceites usados

 

Para poder realizar actividades de xestión de aceites industriais usados a empresa deberá solicitar autorización como xestor de valorización de residuos perigosos, para aqueles códigos LER que pretenda tratar.

 

A solicitude de autorización como xestor de valorización de residuos perigosos, debe conter a documentación establecida no Decreto 174/2005, do 9 de xuño, polo que se regula o réxime xurídico da produción e xestión de residuos e o Rexistro Xeral de Produtores e Xestores de Residuos de Galicia, e na Lei 22/2011, do 28 de xuño, de residuos e solos contaminados. Se quere consultar o procedemento e a documentación a aportar prema aquí .