Definicións
Aparellos eléctricos e electrónicos (AEE): aqueles que necesitan para funcionar corrente eléctrica ou campos electromagnéticos, destinados a ser utilizados cunha tensión non superior a 1.000 V en corrente alterna e 1.500 V en corrente continua, e os aparellos necesarios para xerar, transmitir e medir tales correntes e campos.
Produtores de aparellos eléctricos e electrónicos: as persoas físicas ou xurídicas que, con independencia da técnica de venda utilizada, incluídas a venda a distancia ou a electrónica, fabriquen e vendan aparellos eléctricos e electrónicos con marcas propias, poñan no mercado con marcas propias os aparellos fabricados por terceiros e os que os importen de ou exporten a países terceiros.
Non se considerará produtor o distribuidor se a marca do produtor figura no aparello, cando o propietario desa marca estea rexistrado no Rexistro de establecementos industriais de ámbito estatal.
Non terá a condición de produtor a persoa física ou xurídica que exclusivamente financie operacións de posta no mercado, salvo que actúe como produtor segundo algún dos casos previstos no parágrafo anterior.
Residuos de aparellos eléctricos e electrónicos (RAEE): aparellos eléctricos e electrónicos, os seus materiais, compoñentes, consumibles e subconxuntos que os compoñen, procedentes tanto de fogares particulares como de usos profesionais, a partir do momento en que pasan a ser residuos.
O Real Decreto 208/2005, do 25 de febreiro, sobre aparellos eléctricos electrónicos e a xestión dos seus residuos, clasifica os diferentes RAEE nas seguintes categorías:
O anexo I do Real Decreto 208/2005 aporta unha lista indicativa dos produtos incluídos nas diferentes categorías.
Distribuidor ou vendedor:
Calquera persoa que subministre aparellos eléctricos e electrónicos, en condicións comerciais, a outra persoa ou entidade que sexa usuario final do devandito produto.
Marcado e identificación
No artigo 10 do Real Decreto 208/2005, establecese que todos os aparellos se deberán marcar para identificar o produtor e para deixar constancia de que foron posto no mercado despois do 13 de agosto de 2005. Ademais os destinados aos fogares marcaranse co símbolo que se mostra a continuación de maneira visible, lexible e indeleble. Excepcionalmente, se o aparello non se pode etiquetar o símbolo estamparase no envase, nas instrucións de uso e na garantía do aparello.
Símbolo de recollida selectiva de RAEE
Codificación e clasificación
Os residuos de aparellos eléctricos e electrónicos segundo a Orde MAM/304/2002, de 8 de febreiro, pola que se publican as operacións de valorizacións e eliminación de residuos e a lista europea de residuos codifícanse e clasifícanse da seguinte maneira:
CÓDIGO LER | DESCRICIÓN |
20 01 21* | Tubos fluorescentes e outros residuos que conteñen mercurio |
20 01 23* | Equipamentos fóra de uso que conteñen clorofluorcarbonos |
20 01 35* | Equipos eléctricos e electrónicos fóra de uso, distintos dos especificados nos códigos 20 01 21 e 20 01 23, que conteñen compoñentes perigosos |
20 01 36 | Equipos eléctricos e electrónicos fóra de uso, distintos dos especificados nos códigos 20 01 21, 20 01 23 e 20 01 35 |
16 02 09* | Transformadores e condensadores que conteñen PCB |
16 02 10* | Equipamentos desbotados que conteñen PCB, ou están contaminados por eles, distintos dos especificados no código 16 02 09 |
16 02 11* | Equipos desbotados que conteñen clorofluorocarbonos, HCFC, HFC |
16 02 12* | Equipamentos desbotados que conteñen amianto libre |
16 02 13* | Equipamentos desbotados que conteñen compoñentes perigosos, distintos dos especificados nos códigos 16 02 09 a 16 02 12 |
16 02 14 | Equipamentos desbotados distintos dos especificados nós códigos 16 02 09 a 16 02 13 |