Os lodos de depuradora
Como consecuencia do tratamento de augas residuais (urbanas ou industriais) prodúcense os lodos de depuradora, residuos semi-líquidos, con solutos e sólidos en suspensión, obtidos da actividade de depuración de augas residuais en estacións depuradoras de augas residuais urbanas (EDAR) ou estacións depuradoras de augas residuais industriais (EDARI).
A competencia para a concesión de autorizacións administrativas e o control dos residuos en Galicia corresponde á Consellería de Medio Rural, á Consellería do Mar e á Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda.
Os residuos de lodos codificaranse dentro da Lista Europea de Residuos en función da orixe, tendo en conta a actividade xeradora das augas residuais tratadas na estación depuradora. Os lodos de depuradora poden ser perigosos e non perigosos, e ter distintas características físico-químicas en función do proceso que deu lugar á xeración das augas residuais, e do proceso de tratamento da depuradora.
As instalacións de xestión
Debido á variabilidade dos residuos de lodos de depuradora a xestión destes residuos pode realizarse mediante procesos moi diferentes.
A continuación lístanse os tratamentos máis habituais empregados para a xestión de lodos de depuradora procedentes de EDAR e EDARI non perigosos.
Tratamento de residuos para a elaboración de fertilizantes: este tratamento supón a valorización de residuos orgánicos, entre os que se poden incluír lodos de depuradora, someténdoos a procesos de compostaxe para a obtención de produtos fertilizantes. Neste caso os produtos resultantes deben cumprir co establecido no Real decreto 506/2013, do 28 de xuño, sobre produtos fertilizantes, e as súas modificacións.
Compost obtido a partir do tratamento de residuos
Os lodos de depuradora que poden ser tratados mediante este proceso, son os que constan na seguinte táboa:
Lodos de depuradora para a elaboración de fertilizantes | |
020204 | lodos de preparación e elaboración de carne, peixe e outros alimentos de orixe animal |
020305 | Lodos de preparación de froitas, hortalizas, cereais, aceites comestibles, cacao e café; produción de conservas; produción de lévedo e extracto de lévedo, preparación e fermentación de melazas. |
020403 | Lodos de elaboración de azúcares |
020502 | Lodos de industrias de produtos lácteos |
020603 | Lodos de industria de panadería y pastelería |
020705 | Lodos de produción de bebidas alcohólicas e non alcohólicas |
030311 | Lodos da transformación de pasta de papel, papel e cartón |
040107 | Lodos da industria do coiro e a pel |
040220 | Lodos da industria textil |
190805 | Lodos producidos en estacións depuradoras de augas residuais urbanas de titularidade ou xestión pública ou privada |
190812 | Lodos procedentes do tratamento biolóxico de augas residuais industriais |
190814 | Lodos procedentes doutros tratamentos de augas residuais industriais, que non conteñen substancias perigosas |
Tratamento de residuos para a elaboración de substratos de cultivo: este tratamento supón a valorización de residuos orgánicos, entre os que se poden incluír lodos de depuradora, someténdoos a procesos de compostaxe para a obtención de substratos de cultivo. Neste caso os produtos resultantes deben cumprir co establecido no Real decreto 865/2010, do 2 de xullo, sobre substratos de cultivo.
Pilas de compostaxe
Os lodos de depuradora que poden ser tratados mediante este proceso, son os que constan na seguinte táboa:
Lodos de depuradora para a elaboración de substratos de cultivo | |
020204 | lodos de preparación e elaboración de carne, peixe e outros alimentos de orixe animal |
020305 | Lodos de preparación de froitas, hortalizas, cereais, aceites comestibles, cacao e café; produción de conservas; produción de lévedo e extracto de lévedo, preparación e fermentación de melazas. |
020403 | Lodos de elaboración de azúcares |
020502 | Lodos de industrias de produtos lácteos |
020603 | Lodos de industria de panadería y pastelería |
020705 | Lodos de produción de bebidas alcohólicas e non alcohólicas |
030311 | Lodos da transformación de pasta de papel, papel e cartón |
040107 | Lodos da industria do coiro e a pel |
040220 | Lodos da industria textil |
190805 | Lodos producidos en estacións depuradoras de augas residuais urbanas de titularidade ou xestión pública ou privada |
Tratamento de residuos para a elaboración de tecnosolos: este tratamento supón a valorización de residuos orgánicos, entre os que se poden incluír lodos de depuradora, someténdoos a procesos de biodegradación para a obtención de tecnosolos.
Os tecnosolos son solos reciclados elaborados a partir de residuos non perigosos que cumpran as principais función dos solos, que sexan susceptibles de evolucionar por procesos de formación de solos e realicen unha estabilización eficiente do carbono no solo e na biomasa.
Maquinaria de volteo das pilas de compostaxe
Para realizar a actividade de elaboración de tecnosolos debe cumprirse co establecido na Instrución técnica de residuos ITR/01/08, do 8 de xaneiro de 2008, da Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, referente á elaboración de solos (tecnosolos) derivados de residuos.
Os lodos que poden ser tratados mediante este proceso, son os que constan na seguinte táboa:
Lodos de depuradora para a elaboración de tecnosolos | |
020204 | lodos de preparación e elaboración de carne, peixe e outros alimentos de orixe animal |
020305 | Lodos de preparación de froitas, hortalizas, cereais, aceites comestibles, cacao e café; produción de conservas; produción de lévedo e extracto de lévedo, preparación e fermentación de melazas. |
020403 | Lodos de elaboración de azúcares |
020502 | Lodos de industrias de produtos lácteos |
020603 | Lodos de industria de panadería y pastelería |
020705 | Lodos de produción de bebidas alcohólicas e non alcohólicas |
030311 | Lodos da transformación de pasta de papel, papel e cartón |
040107 | Lodos da industria do coiro e a pel |
040220 | Lodos da industria textil |
100121 | Lodos de centrais eléctricas ou outras instalacións de combustión |
190805 | Lodos producidos en estacións depuradoras de augas residuais urbanas de titularidade ou xestión pública ou privada |
190812 | Lodos procedentes do tratamento biolóxico de augas residuais industriais |
190814 | Lodos procedentes doutros tratamentos de augas residuais industriais, que non conteñen substancias perigosas |
Utilización de lodos de depuradora no sector agrario: a actividade de aplicación de lodos de depuradora na agricultura está regulada polo Decreto 125/2012, do 10 de maio, polo que se regula a utilización de lodos de depuradora no ámbito do sector agrario na Comunidade Autónoma de Galicia.
Unicamente poderán empregarse para uso agrario os lodos incluídos na seguinte táboa, tal e como establece o Decreto 125/2012.
Lodos de depuradora para utilización na agricultura | |
1908051 | Lodos producidos en estacións depuradoras de augas residuais urbanas de titularidade ou xestión pública ou privada |
200304 | Lodos de fosas sépticas |
0202042 | lodos de preparación e elaboración de carne, peixe e outros alimentos de orixe animal |
020305 | Lodos de preparación de froitas, hortalizas, cereais, aceites comestibles, cacao e café; produción de conservas; produción de lévedo e extracto de lévedo, preparación e fermentación de melazas. |
020403 | Lodos de elaboración de azucres |
020502 | Lodos de industrias de produtos lácteos |
020603 | Lodos de industria de panadería y pastelería |
020705 | Lodos de produción de bebidas alcohólicas e non alcohólicas |
1: Salvo os que procedan de estacións depuradoras que dean servizo especificamente a polígonos industriais ou a complexos hospitalarios
2: Salvo os que procedan de estacións depuradoras que traten augas residuais de establecementos ou plantas que procesen especificamente material de categoría 1 (excepto lodos pretratados).
Os lodos de depuradora que vaian ser utilizados para aplicación en solos agrarios sempre deberán ser sometidos previamente a un tratamento, por vía biolóxica, química ou térmica, de forma que se reduza, de maneira significativa, a súa biodegradabilidade e o seu potencial para causar molestias e danos para a Saúde e o ambiente no seu manexo e utilización no campo de forma que o que se aplica ó solo serán lodos tratados de depuradora.
Os tratamentos que se lle dean aos lodos de depuradora deberán realizarse mediante algún dos procedementos recollidos no anexo II do Decreto 125/2012, do 10 de maio (compostaxe, dixestión anaerobia, estabilización con cal, secado térmico, etc.).
Autorización para a xestión de lodos
Para poder realizar cada unha das actividades de xestión de lodos mediante os procesos anteriores a empresa deberá solicitar autorización como xestor de valorización de residuos non perigosos, para aqueles códigos LER que pretenda tratar.
A solicitude de autorización como xestor de valorización de residuos perigosos, debe conter a documentación establecida no Decreto 174/2005, do 9 de xuño, polo que se regula o réxime xurídico da produción e xestión de residuos e o Rexistro Xeral de Produtores e Xestores de Residuos de Galicia, e na Lei 22/2011, do 28 de xuño, de residuos e solos contaminados. Se quere consultar o procedemento e a documentación a aportar prema aquí .