Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda

CMATI

|
|
|
Compartir

Requisitos xerais dos traslados

Son requisitos aplicables a todos os traslados de residuos, segundo o Real Decreto 553/2020, polo que se regula o traslado de residuos no interior do territorio do Estado:

  1. Dispoñer, con carácter previo ao inicio dun traslado dun contrato de tratamento ou unha declaración se o traslado se realiza entre instalacións xestionadas pola mesma entidade en caso de que sexa un traslado entre instalacións da mesma entidade.
  2. Que os residuos vaian acompañados dun documento de identificación dende a orixe ata a súa recepción na instalación de destino.
  3. Nos casos nos que corresponda, que se presente unha notificación previa con anterioridade ao traslado.


O Real Decreto tamén precisa unha serie de casuísticas que non teñen a consideración de traslado de residuos, ao entenderse que se trata de acividades de transporte destinadas ao depósito inicial de residuos:

  • Transporte de residuos de empresas de instalación ou mantemento, dende o lugar onde se produciron ditos residuos ata as súas propia instalacións.
  • Traslado de residuos nos procesos de loxística inversa.
  • Transporte de residuos por particulares ata puntos de recollida (por exemplo, puntos limpos).