Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda

CMATI

|
|
|
Compartir

Notificación previa (NT)

De acordo co Real Decreto 553/2020 quedan sometidos ao requisito de notificación previa ao traslado:

a) Os traslados de residuos, perigosos e non perigosos, destinados a eliminación;

b) Os traslados de residuos perigosos, de residuos domésticos mesturados identificados co código LER 20 03 01 e os que regulamentariamente se determinen, destinados a valorización.

Quedan excluídos do requisito de notificación previa, os traslados de residuos destinados expresamente a análise de laboratorio.

 

Que é unha notificación previa (NT)?

A notificación previa (Modelo en PDF) é un documento co contido mínimo do Anexo II do RD 553/2020, que permite verificar que os produtores destinan os residuos a instalacións adecuadas con xestores autorizados. A NT inclúe información sobre a instalación de orixe e destino, sobre o operador do traslado e do tipo de residuo que se pretende trasladar. A notificación poderá servir para múltiples traslados sempre que os residuos teñan características físicas e químicas similares e se trasladen ao mesmo destinatario e a mesma instalación. 

 

Quen presenta a notificación previa?

A notificación previa preséntaa o operador de traslado (ver sección anterior) ante a comunidade autónoma de orixe.

 

Cando se deben presentar as notificacións previas?

No caso dunha NT ordinaria deberá presentarse cando menos 10 días antes do inicio do traslado.

No suposto dunha NT urxente motivada por razóns de forza maior, accidentes ou outras situacións de emerxencia o prazo reducirase a 2 días antes do inicio do traslado.

 

Oposición ao traslado

No prazo de 10 días dende a data de presentación da NT as comunidades autónomas de orixe e destino poderanse opoñer ao traslado, alegando algunha das causas previstas no artigo 31 da Lei 7/2022 de residuos e solos contaminados a cal remite ao artigo 11 e 12 do Regulamento (CE) n.º 1013/2006 do Parlamento Europeo e do Consello, de 14 de xuño de 2006:

No caso de traslados de residuos destinados á eliminación (Art. 11):

  • Que non se axuste á normativa en materia de protección do medio ambiente, orde pública, seguridade pública ou protección da saúde.
  • Que non se axuste ao principio de autosuficiencia e proximidade ou programas de xestión de residuos (art. 9 e 15 da Lei 7/2022).
  • Que as instalacións de destino non apliquen técnicas que garantan o mesmo nivel de emisións que as mellores técnicas dispoñibles (Real Decreto Lexislativo 1/2016, de 16 de decembro).
  • Residuos domésticos mesturados de fogares (LER 20 03 01).

No caso de traslados de residuos destinados a valorización (Art. 12):

  • Que non se axusten á protección da saúde e medio ambiente, xerarquía de residuos, plans e programas de xestión e autorizacións de valorización (art. 7, 8, 14 e 27 Lei 7/2022).
  • No caso de residuos municipais destinados a incineración (clasificado como valorización) que teñan que ser tratados como eliminación ou que fose incompatible cos plans de xestión de residuos da comunidade de destino