Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda

CMATI

Vostede está en:
|
|
|
Compartir

Memoria e declaración anual

Memoria Anual

Conforme ao establecido no artigo 65 da Lei 7/2022, do 8 de abril, de residuos e solos contaminados para unha economía circular, os produtores de residuos perigosos enviarán unha memoria resumo da información contida no arquivo cronolóxico sobre a actividade de produción de residuos perigosos correspondente ao ano anterior.

Así mesmo no artigo 26.2 da Lei 6/2021, do 17 de febreiro, de residuos e solos contaminados de Galicia, indica que os produtores de residuos perigosos e os pequenos produtores de residuos perigosos que se determinen regulamentariamente (produtores de residuos sanitarios), están obrigados a levar o arquivo cronolóxico de maneira telemática a través da Plataforma GaIA.

O pasado 16 de maio de 2023 o Ministerio para la Transición Ecológica y el Reto Demográfico (MITERD), emitiu un Acordo da Comisión de Coordinación en materia de residuos relativo á obriga da remisión da Memoria Anual dos Produtores de Residuos Perigosos.

https://www.miteco.gob.es/es/calidad-y-evaluacion-ambiental/temas/prevencion-y-gestion-residuos/comision-coordinacion.html

Actualmente están a desenvolverse as aplicacións informáticas necesarias para eximir do cumprimento de presentar a memoria anual aos Produtores de Residuos Perigosos (P01 e P02) esixida no artigo 65 da Lei 7/2022, do 8 de abril, de residuos e solos contaminados para unha economía circular conforme ó establecido no punto 2.A de dito acordo.

Ata que non se desenvolvan ditas aplicacións, estarán exentos de presentar a memoria anual aqueles produtores de residuos perigosos e pequenos produtores de residuos perigosos que leven o seu arquivo cronolóxico de forma telemática a través da plataforma GaIA (confirmando os traslados como orixe para que estes pasen ao seu arquivo cronolóxico), en caso contrario deberán presentar a memoria anual conforme o modelo establecido polo MITERD.

 

As entidades e empresas que transporten residuos perigosos con carácter profesional ou actúen como negociantes e axentes de residuos perigosos, enviarán unha memoria resumo da información contida no arquivo cronolóxico.

memoria de produtor de residuos perigosos instrucións formularios
produtores e pequenos produtoresInstrucións. Formato PDFModelo (Formato XLS )
memoria de xestor instrucións formularios
tratamento de residuos perigosos e non perigososInstrucións. Formato PDFModelo (Formato DOC )
centros de despezamento de vehículos (desguaces)Instrucións. Formato PDFModelo (Formato DOC )
instalacións de xestión de RAEEInstrucións. Formato PDFModelo (Formato xls )
negociantes de RAEEInstrucións. Formato PDFModelo (Formato xls )
negociantes/axentes/transportistas de residuos perigososInstrucións. Formato PDF---
declaración de subprodutos - materias primas secundarias instrucións formularios
 Instrucións (Formato PDF)Modelo (Formato DOC )
clasificación códigos correspondencias
Clasificación Nacional de Actividades EconómicasCNAE-2009 (Formato XLS/Formato PDF)CNAE-93 Rev 1 a CNAE-2009 (Formato XLS)
Clasificación de Produtos por ActividadesCPA-2008 (Formato XLS/Formato PDF)CPA-2002 a CPA-2008 (Formato XLS)
Clasificación de Procesos xeradores de residuosTáboa 7 - R.D.952/97 (XLS comprimido/Formato PDF) 
declaración de PCB/PCT instrucións formularios
 Instrucións Formato PDFModelo (Formato DOC )
Presentación electrónica Procedementos Formularios
Memorias anuais e documentación complementaria Ficha_MemoriaMT201I
Informe anual de actividade dos SCRAP Ficha_SCRAPMT201J
Información de xestión de residuos comerciais Ficha_RCMT203F