No Real Decreto 553/2020, no seu art. 2 defínense as diferentes figuras que operan nun traslado de residuos.
OPERADOR DO TRASLADO: É a persoa física ou xurídica que pretende trasladar ou facer trasladar residuos para o seu tratamento, e en quen recae a obriga de notificar o traslado. Poden ser os seguintes:
ORIXE DO TRASLADO: É o propietario dos residuos.
DESTINO DO TRASLADO: É o centro autorizado para tratar os residuos.
TRANSPORTISTA: É a persoa física ou xurídica que se encarga do transporte físico dos residuos.
SRAP: É o sistema de responsabilidade ampliada do produtor
No seguinte enlace está dispoñíbel a información sobre as notificacións e autorizacións requiridas para as entidades participantes nun traslado, así como os correspondentes procedementos.