Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda

CMATI

Vostede está en:
|
|
|
Compartir

Plan de Minimización e Plan de Prevención

A protección e coidado do medio ambiente non só representa un compromiso coa sociedade e co noso futuro, tamén promove a competitividade e constitúe un elemento de diferenciación nunha sociedade cada vez más comprometida cos produtos éticos, responsables e sostibles.

 Entendemos por prevención de residuos toda acción que busca reducir de xeito substancial os residuos xerados así como a súa perigosidade. Principalmente, a través de dúas vías:

1) Minimizando os residuos xerados en todas e cada unha das fases do produto.

2) Reutilizando os produtos, sen modificación, para a mesma función inicial ou para outra alternativa.

 

PLAN DE MINIMIZACIÓN

 

Agora o "Estudo de minimización de residuos perigosos" denomínase “Plan de minimización de residuos perigosos”.

O artigo 18.7 da Lei 7/2022, de 8 de abril, de residuos e solos contaminados para unha economía circular, obriga ás empresas produtoras iniciais de residuos perigosos a dispoñer dun Plan de Minimización de residuos perigosos que inclúa as prácticas que adoptarán para reducir a cantidade xerada deste tipo de residuos e a súa perigosidade. O Plan estará a disposición das autoridades competentes, e os produtores deberán informar dos resultados cada catro anos á comunidade autónoma onde estea situado o centro produtor.

Quedan exentos desta obriga os produtores iniciais de residuos perigosos que xeren menos de 10 toneladas anuais en cada centro, as empresas de instalación e mantemento, e os produtores iniciais que dispoñan de certificación Eco-Management and Audit Scheme (en adiante «EMAS») ou outro sistema equivalente, que inclúa medidas de minimización deste tipo de residuos, constando a información correspondente na declaración ambiental validada. 

Segundo o artigo 18.8 da citada lei, os produtores de residuos non perigosos poderán elaborar plans de prevención que teñan en conta as medidas recollidas no punto 18.1, sen prexuízo de que estes programas sexan obrigatorios de conformidade coa normativa de desenvolvemento para determinados fluxos de residuos.

Pola súa banda, no ámbito autonómico, a Lei 6/2021, do 17 de febreiro, de residuos e solos contaminados de Galicia, no seu artigo 26.5, sinala que os suxeitos que produzan residuos perigosos nunha cantidade igual ou superior a 10 toneladas anuais deberán elaborar e presentar ante o órgano competente da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia os correspondentes plans de minimización. 

Polo tanto, as empresas obrigadas deberán ter o Plan de Minimización redactado de forma interna, e mantelo dispoñible para posibles inspeccións ambientais ou requirimentos administrativos. Para a súa elaboración poderán empregar calquera formato. Para a presentación poñerán a disposición da Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Sostibilidade o texto do Plan ou indicarán un enderezo dun repositorio que facilite a descarga do Plan. Mentres non se habilite un procedemento específico empregarase o formulario PR004A.

 
 
  • Quen debe ter un Plan de Minimización? 

Todos os suxeitos que produzan residuos perigosos nunha cantidade igual ou superior a 10 toneladas anuais en cada centro produtor, conforme aos artigos 26.5 da Lei 6/2021 e 18.7 da Lei 7/2022.

No caso dos xestores de residuos, para poder determinar si deben realizar o Plan de Minimización de residuos perigosos, só terán que considerar os residuos propios da súa actividade como produtores iniciais (debendo estar inscritos no Rexistro como produtores de residuos perigosos), sen ter en conta os residuos que recepcionan.

A non elaboración do Plan de Minimización de residuos será considerada unha infracción grave, tal e como indican o apartado 3 letra r) do artigo 108 da Lei 7/2022 e o apartado letra l) do artigo 82 da Lei 6/2021. As infraccións graves  poden levar unha multa desde 2.001 € ata os 600.000 €, así como ha inhabilitación para o exercicio de calquera das actividades. 

Conforme ao novo escenario xurdido tras a publicación da Lei 7/2022, para todas aquelas empresas que á data do día 1 de xullo de 2022 estivesen obrigadas a dispoñer dun Plan de Minimización será aconsellable que acrediten a súa vixencia perante órgano competente, tanto para os que presentasen o Estudo de Minimización antes desa data como dende esa data ata a actualidade, consonte ao sinalado nos apartados anteriores.

Transcorridos catro anos dende que resulte esixible a obriga do referido art. 18.7, é dicir, a partir de xullo de 2026, as empresas, tanto as que presentasen o Estudo de Minimización antes desa data como dende esa data ata a actualidade, deberán informar dos resultados derivados da aplicación do Plan de Minimización. 

 

  • EXENCIÓNS.

 Quedan exentos desta obriga:

- Os establecementos que sexan produtores iniciais de residuos perigosos que xeren menos de 10 toneladas ao ano en cada centro produtor.

- As empresas de instalación e mantemento.

- Os produtores iniciais que dispoñan de certificación Eco-Management and Audit Scheme (en adiante «EMAS») ou outro sistema equivalente, que inclúa medidas de minimización deste tipo de residuos, constando a información correspondente na declaración ambiental validada.

Segundo o artigo 18.8 da Lei 7/2022, os produtores de residuos non perigosos poderán elaborar plans de prevención que teñan en conta as medidas recollidas no artigo 18.1 da citada lei, sen prexuízo de que estes programas sexan obrigatorios de conformidade coa normativa de desenvolvemento para determinados fluxos de residuos.

  • Cando debe estar listo e dispoñible o Plan?

 Ao rematar a vixencia do último estudo de minimización presentado. Deberase remitir unha comunicación na que, ou ben se acompañe o texto íntegro do plan, ou ben se facilite un enderezo para a súa consulta por medios electrónicos.

  • Quen debe presentar o informe de resultados? 

 Todos os produtores de residuos perigosos obrigados a ter un Plan de Minimización. 

  • Cal é o prazo de presentación do informe de resultados?

  Deberá presentarse informe de resultados da aplicación do Plan de Minimización cada catro anos, a contar dende a comunicación e/ou presentación do Plan ante o órgano competente.

  • A quen se dirixe?

 Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático 

Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Sostibilidade

Subdirección Xeral de Residuos e Economía Circular

Rúa San Lázaro, s/n  15781 – Santiago de Compostela (A Coruña)

  • Novos centros autorizados: 

Será necesario actualizar o Plan de Minimización cando se teñan novos centros inscritos no Rexistro Xeral de Produtores e Xestores de Residuos de Galicia que reúnan as características necesarias para ter que incluílos neste Plan. Unha vez se modifique o Plan de Minimización con estes centros deberase comunicar a actualización ante o órgano competentee.

  • Cando será necesario actualizalo?

 No caso de que se produzan cambios que vaian a modificar o contemplado no Plan, este deberá ser actualizado para recoller ditas modificacións e as adaptacións necesarias, así como comunicar a actualización ante o órgano competente.

 

PLAN DE PREVENCIÓN DE ENVASES

 

tipo instrucións formularios
plan empresarial de prevención de envasesInstrucións. Formato PDF 
clasificación códigos notas
Clasificación Nacional de Actividades EconómicasCNAE-2009 (Formato PDF comprimido/Formato PDF)NOTA (Formato PDF)
Clasificación de Produtos por ActividadesCPA-2008 (Formato XLS / Formato PDF) 
Clasificación de Procesos xeradores de residuosTáboa 7 - R.D.952/97 (Formato XLS comprimido/Formato PDF) 
Presentación electrónica Procedementos Formularios
Plan de prevención e/ou seguimento do plan Ficha_PlanMT201M