A Consellería de Cultura, Educación e Universidade, a ConsellerÍa de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda e a Asociación Gallega de Tratamiento de Vehículos (TRAVEGA) asinaron o seguinte convenio para a utilización de vehículos fóra de uso nas prácticas do alumnado de formación profesional da familia de transporte e mantemento de vehículos.
Coa sinatura deste Convenio permítese que os centros de tratamento autorizados de VFU poidan ceder temporalmente un vehículo descontaminado ou non descontaminado para fins formativos aos centros de formación profesional da Xunta de Galicia.
Traslado dos vehículos fóra de uso
Tal e como recolle o Convenio hai que utilizar no traslado de residuos desde os centros de tratamento aos centros de formación o documento de identificación (DI) que se incorpora como modelo no anexo 1 e que se pode descargar aquí, seguindo estas instruccións básicas: