Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda

CMATI

|
|
|
Compartir

Documento de Identificación (DI)

Tanto para o traslado de residuos perigosos como residuos non perigosos, todo traslado irá acompañado dun documento de identificación conforme ao contido mínimo establecido no Anexo I e III do Real Decreto 553/2020.

 

Que é un documento de identificación (DI)?

O Documento de Identificación (Modelo en PDF) permite coñecer as diferentes entidades que participan nun traslado así como o tipo de residuo e calquera outra circunstancia inherente ao movemento dos residuos.

O DI leva impreso un CSV (código seguro de verificación) que permite comprobar a integridade do documento.

Hai que diferenciar entre distintas fases do mesmo documento:

  • DI (parte A): O DI coa información do traslado no momento no que sae da orixe.
  • DI completo (parte A e parte B): O DI coa información da recepción do residuo en destino.
  • DI completo con retorno ao orixe (parte A, parte B e parte C): A parte C incorporase só en caso de rexeite e devolución do residuo á orixe.

 

Cando deben estar os DI en GAIA?

No caso dun DI sometido a NT debe presentarse con posterioridade á aprobación da NT e antes do inicio do traslado

No caso de DI non sometidos a NT, disporase dun prazo de 30 días dende o inicio do traslado para rexistrar en GAIA os correspondentes documentos de identificación creados sempre con anterioridade ao inicio do traslado.

 

Quen presenta o DI parte A?

A parte A do documento de identificación preséntao o operador do traslado antes de iniciar o traslado conforme á NT que comunicase previamente de ser o caso. O DI (parte A) contén ademais da información da NT relacionada, a data de inicio do traslado, cantidade do residuo a trasladar, información do sistema de responsabilidade ampliada do produtor e do transportista.

 

Quen presenta o DI parte B?

O documento de identificación completo (parte A + parte B) preséntao o xestor da instalación destino nun prazo de trinta días dende a entrega dos residuos. A parte B do DI consta da información de entrega, cantidade recibida e aceptación ou rexeitamento dos residuos.

1) Traslados dentro de Galicia:

 

 

2) Traslados intercomunitarios:

 

 

 

Que ocorre cando a entidade de destino dun traslado rexeita o residuo?

Cando a entidade de destino rexeita os residuos ten dúas opcións:

 

 

1) Residuos rexeitados enviados a un novo destino:

Se a entidade de destino rexeita o traslado (parte B) pode indicar un envío a un novo destino. Esta acción suporá un novo traslado que terá que ir acompañado dun novo DI e unha nova NT se procede. O operador do traslado inicial deberá encargarse deste segundo traslado cumprimentando a documentación. A orixe deste segundo traslado é o destino do primeiro traslado.De ser o caso, o operador debe presentar á CA onde está agora o residuo unha nova NT (CA 2 na imaxe). A CA de orixe do primeiro traslado (CA 1 na imaxe) poderá consultar en e-SIR a información do novo traslado (sempre que estea dispoñible).

 

 

2) Residuos rexeitados devoltos a orixe:

Se a entidade de destino rexeita o residuo pode indicar que o devolve a entidade de orixe, neste caso o operador do traslado inicial debe encargarse deste segundo traslado sen máis trámite que o DI orixinal cos datos de rexeite (parte B). Unha vez devolto ese residuo á entidade de orixe, ésta cumprimentará os datos de recepción dese residuo (parte C).