Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda

CMATI

|
|
|
Compartir

Como se xestionan?

Se o agricultor non entrega os envases baleiros nos Centros de Agrupamento dispoñibles de balde terá que entregarllos a un xestor autorizado supoñéndolle un custe

O uso inadecuado de produtos fitosanitarios e a eliminación non controlada dos seus envases unha vez utilizados produce consecuencias negativas sobre o ambiente . Por iso, unha vez usados, os envases de produtos fitosanitarios non se poderán tirar, queimar nin enterrar, senón que deben ser retirados e tratados axeitadamente.

Os axentes responsables da primeira posta no mercado dos produtos envasados de fitosaniarios están obrigados a aceptar a devolución ou retorno dos residuos de envases e envases usados de produtos fitosanitarios. Pola contra o posuidor final dos residuos de envases e envases usados de produtos fitosanitarios deben entregarllos en condicións adecuadas de separación por materiais para a súa reutilización, reciclaxe ou valorización.

Se os axentes responsables participan nun sistema integrado de xestión (SIX) de residuos de envases e envases usados de produtos fitosanitarios delegan as súas obrigas nos SIX e son estes os que deben garantir a correcta xestión dos mesmos.

O SIX (SIGFITO) dispón dunha rede de puntos de recollida chamados Centros de Agrupamento, formada por entidades dedicadas á distribución de produtos fitosanitarios (comercios, cooperativas agrícolas,....) e grandes explotacións individuais. A participación destas entidades como Centros de Agrupamento establecese a través de convenios de colaboración voluntaria entre cada centro e SIGFITO.

O agricultor como posuidor final do residuos de envases de produtos fitosanitarios ten que realizar, antes de depositar estes envases nos Centros de Agrupamento, unha correcta limpeza dos mesmos. O método máis básico é o triplo enxaugue que consiste como o seu nome indica en enxaugar os envases tres veces.

Unha vez limpos levaraos aos Centros de Agrupamento que están identificados co seguinte símbolo:

 

Sigfito - Simbolo para identificar os puntos de venda ou cooperativas

E onde se almacenaran ata que unha empresa autorizada os recolla para levalos a unha instalación de tratamento final.

 

Que envases recolle SIGFITO

 

  • Envases baleiros de produtos fitosanitarios utilizados por empresas agrarias e agricultores.
  • Outros envases baleiros que non sendo fitosanitarios nin perigosos, sexan normalmente comercializados polas empresas do mesmo sector a través dos mesmos canais de comercialización, sempre e cando ditos envases se xeren no mesmo ámbito agrícola.

Estes envases sempre estarán identificados co logotipo de SIGFITO

 

Sigfito

 

 

Que envases non recolle SIGFITO

 

  • Envases con produto ou restos de produto e envases con produtos caducados.
Documento/s relacionados
  • Listado de Centros de Agrupamento na CORUÑA Descargar
  • Listado de Centros de Agrupamento na LUGO Descargar
  • Listado de Centros de Agrupamento na OURENSE Descargar
  • Listado de Centros de Agrupamento na PONTEVEDRA Descargar