Como solicitar contedores para a recollida de envases?
O procedemento de solicitude de contedores para a recollida de envases actualizouse co obxectivo de unificar e ordenar o procedemento de valoración das solicitudes de novas dotacións de contedores derivadas dos Convenios Marco vixentes en materia de responsabilidade ampliada do produtor de envases.
A continuación explícase o novo proceder a seguir polas as entidades locais.
Que solicitudes se admiten?
As solicitudes deberán ter sempre como obxectivo incrementar a dotación de contedores instalada no municipio, ou o reforzo de puntos de contenerización existentes.
Non se admitirán solicitudes destinadas á substitución de contedores, dado que os Convenio Marco establecen un pago fixo á entidade local que inclúe a amortización e o mantemento dos medios de contenerización.
Procedemento único de solicitudes:
A partir deste momento, todas as solicitudes de contedores deberán presentarse exclusivamente a través deste procedemento único habilitado pola Xunta de Galicia.
Non se valorará ningunha petición que non teña entrada formal por esta vía.
Procedemento:
Cumprimenten por medios electrónicos o FORMULARIO dispoñible na plataforma APÚNTATE da Xunta de Galicia: aquí