Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda

CMATI

|
|
|
Compartir

Envases fitosanitarios

Definicións

Produto fitosanitario: aquela substancia ou mestura de substancias destinadas a previr a acción de, ou destruír directamente, insectos (insecticidas), fungos (funxicidas), malas herbas (herbicidas), bacterias (bactericidas) e outras formas de vida animal ou vexetal prexudiciais para a saúde pública e tamén para a agricultura (é dicir, considerados como pragas e por tanto susceptibles de ser combatidos con praguicidas). 

Envases: todo produto fabricado con materiais de calquera natureza e que se utilice para conter, protexer, manipular, distribuír e presentar mercancías, desde materias primas ata artigos acabados, en calquera fase da cadea de fabricación, distribución e consumo. Consideraranse tamén envases todos os artigos desbotados utilizados con este mesmo fín. Dentro deste concepto inclúense unicamente os envases de venta ou primarios, os envases colectivos ou secundarios e os envases de transporte ou terciarios. 

Envases industriais ou comerciais: aqueles que sexan de uso e consumo exclusivo nas industrias, comercios, servizos ou explotacións agrícolas e gandeiras e que, por tanto, non sexan susceptibles de uso e consumo ordinario nos domicilios particulares. 

Residuo de envase: todo envases ou material de envase do cal se desprenda o seu posuidor ou teña a obrigación de desprenderse en virtude das disposicións en vigor. 

O Real Decreto 1416/2001, do 14 de decembro, sobre envases de produtos fitosanitarios establece que os produtos fitosanitarios envasados quedan excluídos da excepción prevista no apartado 1 da disposición adicional primeira da Lei 11/1997, do 24 de abril, de Envases e Residuos de Envases e, consecuentemente, deben ser postos no mercado a través do sistema de depósito, devolución e retorno ou, alternativamente, a través dun sistema integrado de xestión (SIX) de residuos de envases e envases usados. 

Codificación e clasificación

Os residuos de envases de produtos fitosanitarios segundo a Orde MAM/304/2002, de 8 de febreiro, pola que se publican as operacións de valorizacións e eliminación de residuos e a lista europea de residuos codifícanse e clasifícanse da seguinte maneira: 

CÓDIGO LER

DESCRICIÓN

15 01 10*

Envases que conteñen restos de substancias perigosas ou están contaminados por elas