Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda

CMATI

|
|
|
Compartir

SOGAMA

No Complexo Medioambiental de Cerceda SOGAMA realiza a xestión e tratamento da maior parte dos residuos domésticos producidos no territorio galego

A empresa pública autonómica Sociedade Galega do Medio Ambiente, S.A. (SOGAMA), creada por Decreto do 11 de abril de 1992, é o instrumento principal para a xestión da fracción resto e dos envases lixeiros da maioría dos concellos de Galicia, xa que foi a opción de xestión promovida polo propio Plan de Xestión de Residuos Urbanos de Galicia do ano 1998.

Na xestión dos fluxos de residuos domésticos deste modelo o Complexo Medioambiental de Cerceda (A Coruña), xestionado por SOGAMA, xoga un papel fundamental.

Sogama

Esquema de xestión do modelo SOGAMA. Fonte: PXRUG 2010-2020

 

A recepción da fracción resto e dos envases lixeiros realízase inicialmente, na maioría dos concellos, mediante unha rede de plantas de transferencia distribuídas por todo o territorio galego. Nestas plantas realízase o transvase dos residuos dende os camións da recollida municipal a colectores de maior capacidade axeitados para realizar o transporte de longa distancia reducindo así o custo de transporte e os impactos ambientais derivados deste.

O CMC recibe estes residuos ben directamente das recollidas dos concellos próximos, ou ben procedentes das plantas de transferencia e transportados vía ferrocarril ou estrada.

O Complexo consta dunha serie de instalacións onde os residuos domésticos recibidos reciben o tratamento axeitado para a súa correcta xestión; a suma de todas estas instalacións, complementadas coa actividade do vertedoiro controlado de Areosa, pechan o ciclo da xestión dos residuos domésticos recibidos:

  • Planta de selección de envases lixeiros: nela, mediante un proceso mecánico automatizado, realizase a selección dos materiais contidos nesta fracción (papel-cartón, PEAD, PET, Film, metais férricos e non férricos) para o seu posterior envío a unha empresa de reciclado.
  • Planta de elaboración de combustible: nesta planta, mediante un tratamento mecánico, preparase a partir da fracción resto o CDR (Combustible Derivado de Residuos), recuperando nesta fase metais férricos e non férricos. O CDR envíase á planta termoeléctrica onde se produce a súa valorización enerxética e, como consecuencia, a produción de enerxía eléctrica.
  • Vertedoiro para residuos procedentes da Planta Termoeléctrica: os residuos derivados da valorización enerxética do CDR depositante nos dous vasos autorizados segundo a natureza destes (vertedoiro de cinzas e vertedoiro de escouras).

Pode consultar información máis detallada sobre o funcionamento deste complexo na páxina web de SOGAMA e incluso realizar unha visita virtual a este premendo aquí.

 

Ligazon/s relacionadas
Contacto/s relacionados
  • SOGAMA :
    cmc@sogama.es

    Teléfono: 981 698 500
    Fax: 981 686 064