En Galicia conviven hoxe en día os seguintes modelos de xestión de residuos domésticos:
Entidade Xestora | Modelo de xestión | Situación da planta de tratamento | Concellos adheridos | Poboación incorporada |
2017 | 2017 | |||
Sociedade Galega de Medio Ambiente (SOGAMA) | Recollida diferenciada da fracción Resto e dos envases. Valorización enerxetica da fracción resto. Recollida selectiva de papel e vidro. Sen segregación da F.O. | CERCEDA | 294 | 2.210.605 |
93,9% | 81,6% | |||
Concello da Coruña e Consorcio das Mariñas | Recollida diferenciada da fracción inorgánica (inclúe os envases) e a fracción orgánica. Selección FIRM e metanización da fracción orgánica. | NOSTIÁN | 10 | 411.671 |
3,2% | 15,2% | |||
Mancomunidade de Concellos da Serra do Barbanza | Recollida diferenciada da fracción inorgánica (inclúe os envases) e a fracción orgánica. Selección FIRM e compostaxe da fracción orgánica. Recollida selectiva de papel e vidro. | LOUSAME | 9 | 86.063 |
2,9% | 3,2% | |||
TOTAL | 313 | 2.708.339 |
A diferenza básica entre eles radica na distinta separación en orixe realizada aos residuos domésticos, o cal determinará o tratamento posterior a realizar a eses residuos.
Coñeza cal é o modelo de xestión do seu concello buscándoo no seguinte mapa e consulte a información detallada dese modelo de xestión na pestana correspondente.
Mapa dos concellos adheridos a cada modelo de xestión.
O sistema de recollida dos residuos domésticos compleméntase cunha rede de Puntos limpos distribuída ao longo de todo o territorio galego para facilitar a labor de reciclaxe de todos os cidadáns. Consulte o punto limpo máis próximo ao seu fogar premendo aquí.
Dentro das competencias das Entidades Locais atópase a de prestar os servizos derivados da xestión dos residuos domésticos xerados nos fogares, comercios e servizos na forma que se estableza nas respectivas ordenanzas.
A Federación Española de Municipios e Provincias, en colaboración con Ecoembes, publicaron unha Ordenanza tipo e un Prego de prescricións técnicas sobre a xestión de residuos de competencia local para que sirvan de modelo e guía ás entidades locais á hora de adaptar as súas ordenanzas ou no momento de adxudicar novos contratos de xestión destes residuos.