Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda

CMATI

|
|
|
Compartir

NOSTIÁN

A Planta de tratamento de residuos da Coruña caracterízase por contar co tratamento específico da materia orgánica recollida selectivamente.

O modelo de xestión de residuos domésticos implantado polo concello da Coruña e o Consorcio das Mariñas, do que forman parte o concello da Coruña e 8 concellos da área metropolitana da Coruña (Abegondo, Arteixo, Betanzos, Cambre, Carral, Culleredo, Bergondo e Oleiros), ten como destino dos residuos domésticos xerados a Planta de tratamento de residuos da Coruña situada no concello de Nostián (A Coruña), de aquí en adiante denominada Nostián.

O esquema xeral da xestión dos fluxos dos residuos deste modelo é o seguinte:

Esquema de xestión da bolsa negra e bolsa amarela. Fonte: Sogama

Esquema de xestión do modelo NOSTIÁN. Fonte: PXRUG 2010-2020

 

A planta recibe dúas fraccións principais: a fracción inorgánica (resto e envases) e a materia orgánica recollida selectivamente. Para o tratamento destas fraccións a planta consta de dous grandes módulos:

  • Planta de triaxe, clasificación e maduración da fracción inorgánica: mediante distintas técnicas de separación procédese á triaxe e clasificación individual dos residuos susceptibles de ser reciclados.
  • Planta de tratamento da fracción orgánica: nesta planta aplícanse tecnoloxías de biometanización e compostaxe aerobio para esta fracción.

Os rexeitamentos desta instalación son dirixidos a un vertedoiro autorizado externo.

Actualmente esta planta é xestionada por ALBADA.

Pode consultar información máis detallada sobre o funcionamento deste complexo na páxina web de ALBADA

 

Ligazon/s relacionadas
Contacto/s relacionados