Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda

CMATI

|
|
|
Compartir

Xornadas e outros eventos

XORNADA SOBRE XESTIÓN DE BIORRESIDUOS E PREVENCIÓN DO DESPERDICIO ALIMENTARIO (26/03/19)

O pasado 26 de marzo celebrouse, en Santiago de Compostela, a XORNADA SOBRE XESTIÓN DE BIORRESIDUOS E PREVENCIÓN DO DESPERDICIO ALIMENTARIO, na que participaron relatores de relevancia que expuxeron a súa experiencia no desenvolvemento de proxectos de nova implantación para a xestión dos biorresiduos en diferentes tipoloxías de concellos, así como iniciativas para a prevención do desperdicio alimentario.

En documentos relacionados pode consultarse o resumo dos relatorios e a continuación indícanse as ligazóns para poder visualizar os vídeos do desenvolvemento da Xornada na súa totalidade: 

Vídeo 1

Vídeo 2

Vídeo 3

 

MESAS DE RESIDUOS (05/02/19 e 11/04/19)

A Consellería organizou dúas Mesas de Residuos, dirixidas a responsables municipais e persoal técnico encargado da xestión dos residuos domésticos, co fin de crear un punto de encontro e intercambio de información en relación aos biorresiduos e a súa xestión.

Así, na reunión inicial do grupo de traballo, celebrada o 5 de febreiro na CEG en Santiago de Compostela, presentáronse as actuacións que se están a impulsar desde a Consellería de Medio Ambiente co obxectivo de mellorar a xestión dos residuos municipais, no marco do PXRUG 2010-2022, así como a introdución do estado actual da xestión dos biorresiduos na nosa Comunidade.

No segundo encontro, que tivo lugar o pasado día 11 de abril na EGAP, abordáronse os aspectos técnicos e económicos da implantación dos diferentes sistemas de xestión diferenciada da fracción orgánica dos residuos municipais, tendo en conta a realidade do territorio galego.

En documentos relacionados poden consultarse as presentacións expostas durante estas reunións.

 

Documento/s relacionados
  • Xornada sobre Xestión de Biorresiduos e Prevención do Desperdicio Alimentario - Resumo relatorios Descargar
  • Mesa de Residuos (5/2/19) - Presentación Descargar
  • Mesa de Residuos (11/4/19) - Presentación Descargar