Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda

CMATI

|
|
|
Compartir

Onde poden atoparse

Por tratarse de substancias prohibidas, na actualidade os PCB adoitan atoparse como compoñentes de aplicacións en circuítos pechados, incluídos en aparellos almacenados ou en uso. Algunhas das aplicacións dos PCB son:

  • En sistemas pechados:
    • Transformadores eléctricos (1)
    • Condensadores eléctricos
    • Motores eléctricos
    • Electroimáns
    • En sistemas parcialmente pechados:
      • Fluídos refrixerantes
      • Fluídos hidráulicos
      • Bombas de baleiro
      • Interruptores (2)
      • Reguladores de voltaxe (2)
      • Cables eléctricos con recheo líquido (2)
      • Interruptores automáticos con recheo líquido (2)
    • En sistemas abertos:
      • Lubricantes
        • Aceites de inmersión para microscopios
        • Cubertas de freos
        • Taladrinas
        • Aceites lubricantes
      • Ceras e aditivos de fundición
      • Recubrimento de superficies
        • Pinturas
        • Tratamento de tecidos
        • Papel autocopiativo
        • Retardadores de chama
        • Regulador de po
      • Adhesivos
        • Adhesivos especiais
        • Adhesivos con paredes impermeables
      • Plastificantes
        • Seladores empaquetación
        • Seladores para xuntas de formigón
        • PVC
        • Seladores de goma
      • Tintas
        • Tintes
        • Tintas de impresión
      • Outros usos
        • Materiais illantes
        • Praguicidas (3)

(1) Pódense seguir utilizando os que conteñan menos de 500 ppm de PCB ata o final da vida útil do aceite.

(2) Estas aplicacións non foron deseñadas para conter PCB, pero poden terse contaminado durante o seu funcionamento e mantemento.

(3) Fluídos de transformadores gastados foron utilizados como ingredientes en fórmulas de praguicidas.