Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda

CMATI

|
|
|
Compartir

Etiquetaxe e marcado

Os posuidores de PCB deben etiquetar e marcar todos os aparellos sometidos a inventario, indicando como mínimo os seguintes datos:

  • Data de marcado
  • Aparello: número de identificación asignado e modelo de serie
  • Tipo de aparello (transformador, condensador, recipiente, arrancador, etc.)
  • Data de fabricación do aparello
  • Volume do fluído/PCB (dm·)
  • Concentración de PCB (ppm)
  • Grupo (fabricado con PCB, contaminado por PCB, ou aparello que pode conter PCB)
  • Peso total do aparello (Kg)

Os posuidores de aparellos cun volume de PCB superior a 5dm3 deben etiquetalos facendo constar esta circunstancia. Tamén debe poñerse unha etiqueta nas portas dos locais onde estean os aparellos.

Os posuidores de aparellos que foran descontaminados deben marcalos segundo o seguinte modelo:

Aparello descontaminado

O fluído que contiña PCB cambiouse:

  • Por .......................................................(nome do substituto)
  • O ....../....../...........................................(data)
  • Por .......................................................(empresa)

Concentración de PCB:

  • Do fluído anterior ...................................(porcentaxe en peso)
  • Do novo fluído........................................(porcentaxe en peso)