Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda

CMATI

|
|
|
Compartir

Descontaminación e eliminación

O Real decreto 1378/1999, modificado polo Real decreto 228/2006, establece a obriga de eliminar ou descontaminar os PCB e aparellos que os conteñan antes do final de 2010; coa excepción dos transformadores eléctricos debilmente contaminados, os cales poden estar operativos ata o fin da súa vida útil.

O Plan Nacional de descontaminación e eliminación de policlorobifenilos (PCB), policloroterfenilos (PCT) e aparellos que os conteñan establece os obxectivos, prazos, instrumentos e vías de seguimento e control para eliminar os PCB.

En relación coa descontaminación ou eliminación dos PCB, a normativa establece que:

  • Os posuidores de PCB, PCB usados e aparellos con PCB, deberán entregalos a un xestor autorizado cando se proceda á súa descontaminación ou eliminación.
    Nota: A operación de substitución de fluídos en transformadores nas propias instalacións, se non é para a súa descontaminación, poderase realizar mediante persoal propio ou externo capacitado para esta actividade.
  • Os aparellos que, contendo ou podendo conter PCB, presenten fugas de fluídos deberán ser eliminados ou descontaminados o antes posible.
    Nota: Esta circunstancia deberá ser posta en coñecemento do órgano competente da C.A.
  • Os aparellos que poidan conter PCB e que cheguen ao final da súa vida útil sen descontaminar ou eliminar, cando como resultado da análise química realizada a concentración de PCB sexa igual ou superior a 50 ppm, o posuidor deberá entregalo inmediatamente a un xestor autorizado, para a súa eliminación,. Se a concentración resulta ser inferior a 50 ppm, o aparello deberá ser xestionado segundo o establece a lexislación aplicable ao caso, en particular a relativa aos aceites industriais usados.
    Nota: Se non se realizara a dita análise química, o aparello deberá ser entregado inmediatamente a un xestor autorizado para que proceda á súa definitiva eliminación como aparello que contén PCB.
  • Cando un aparello con PCB sexa sometido a unha operación de descontaminación para a súa posterior reutilización, o posuidor acreditará a condición de aparello "totalmente descontaminado" mediante dúas análises químicas, unha tralo tratamento e outra un ano despois, cando a concentración de PCB nos seus fluídos se manteña por debaixo dos 50 ppm.
  • Cando un transformador con PCB sexa sometido a algunha operación de tratamento ou substitución para reducir a concentración de PCB nos seus fluídos a valores comprendidos entre 50 e 500 ppm, o posuidor acreditará a condición de aparello "totalmente descontaminado" mediante análise de mostras do dieléctrico, aceites ou outros fluídos do aparello, unha realizada tralo tratamento e outra un ano despois, cando se confirme que a concentración de PCB se mantén entre os citados límites.
  • Cando un aparello con PCB sexa sometido a unha operación de eliminación, o posuidor acreditará a condición de aparello "totalmente eliminado" mediante o correspondente certificado de eliminación ou destrución do aparello, emitido polo xestor autorizado responsable da dita operación.
  • Os posuidores de aparellos con PCB deben dar prioridade, na orde de descontaminación ou eliminación, a aqueles aparellos que polas súas condicións de localización, elevado contido en PCB ou outra circunstancia, son especialmente perigosos e implican maior risco para as persoas ou para o medio.

A descontaminación ou eliminación deberase realizar dentro dos seguintes prazos:

Aparellos fabricados con fluídos de PCB (1) Descontaminación ou eliminación
Transformadores eléctricos con
PCB>500 ppm

Outros aparellos con
PCB >= 50 ppm
Data de fabricación descoñecidaAntes do 1 de xaneiro de 2007
Data de fabricación anterior a 1965Antes do 1 de xaneiro de 2007
Data de fabricación entre 1965 e 1969Antes do 1 de xaneiro de 2008
Data de fabricación entre 1970 e 1974Antes do 1 de xaneiro de 2009
Data de fabricación entre 1975 e 1980Antes do 1 de xaneiro de 2010
Data de fabricación posterior a 1980Antes do 1 de xaneiro de 2011
Aparellos contaminados por PCB Porcentaxes mínimas de eliminación ou descontaminación (2) (3)
Ano 200620 %
Ano 200725 %
Ano 200833 %
Ano 200950 %
Ano 2010100 %

(1) Se un aparello fabricado con fluído de PCB, sen inventariar, aparece en data posterior á que lle corresponde para a súa eliminación ou descontaminación, o posuidor deberá dar conta delo ao órgano competente da C.A., explicando as razóns polas que ese aparello era descoñecido. Inmediatamente, deberá entregado a un xestor autorizado, dándoo de alta no inventario referente ao ano da súa aparición.

(2) Referidas á cantidade total en peso (sólido máis líquido) dos mesmos que posúan ao comezo de cada ano

(3) Os posuídores dun número de aparellos contaminados inferior a seis poderán descontaminar ou eliminar un por ano, sempre que o último sexa antes do ano 2011.