Texto do convenio
O convenio marco asinado entre Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático e os sistemas de responsabilidade ampliada dos produtores (SRAP) de aparatos eléctricos e electrónicos (AEE) ten por obxecto regular o marco de colaboración no que se desenvolverán as actividades de xestión de residuos de aparellos eléctricos e electrónicos (RAEE) que se recollan nas instalacións de recollida das entidades locais, a través dos sistemas de responsabilidade ampliada do produtor (en diante, SRAP) asinantes, no marco xeográfico da Comunidade Autónoma de Galicia, co fin de asegurar o cumprimento do esixido no Real decreto 110/2015, do 20 de febreiro, sobre residuos de aparellos eléctricos e electrónicos, así como nas demais normas legais que sexan de aplicación a este tipo de residuos.
Para iso establécense e regúlanse neste convenio os compromisos:
da Consellería,
dos SRAP de AEE asinantes e dos que voluntariamente se puidesen adherir con posterioridade ao mesmo, sen prexuízo das obrigas que cada unha das partes teñen asignadas conforme a normativa vixente,
así como tamén das entidades locais ou entidades que teñan atribuída, no seu nome, a competencia na xestión dos residuos domésticos (en diante, todos eles EELL), e que voluntariamente decidan adherirse.
Adhesión das entidades locais ao convenio marco
As entidades locais que o desexen poden adherirse a este convenio consonte ao establecido na súa cláusula segunda así como no anexo 6 que acompaña ao mesmo.
De conformidade coas ditas previsións será preciso que as entidades locais interesadas:
Poidan acreditar documentalmente a APROBACIÓN POR PARTE DO ÓRGANO COMPETENTE NA ENTIDADE LOCAL SOLICITANTE (*) QUE XUSTIFIQUE A SÚA VONTADE DE ADHERIRSE ao convenio marco cuxo texto pode ser consultado neste enderezo.
(*) NOTA: Consistirá xeralmente nun acordo adoptado polo Pleno da Corporación que se adhira ao convenio marco, salvo que a competencia se atope delegada, nese caso, será o acordo de adhesión adoptado polo órgano da corporación, ente, organismo ou empresa pública que teña a delegación, acompañado da resolución de delegación.
Cumprimenten por medios electrónicos o FORMULARIO dispoñible na plataforma APÚNTATE da Xunta de Galicia, no seguinte enderezo habilitado: https://apunta.xunta.gal/gl/adhesion-convenio-raee
Unha vez cuberto o dito formulario, no momento de darlle a ENVIAR a través da aplicación APÚNTATE, o sistema devolve un CÓDIGO que remite automaticamente ao correo electrónico que fose facilitado ao abeiro do apartado Datos da Administración Pública que solicita a adhesión e que deberá incluír no momento da remisión da solicitude a través do PR004 ao que se fai referencia mais adiante.
Presentación da SOLICITUDE DE ADHESIÓN:
Dispoñen no seguinte enderezo dun MODELO DE ADHESIÓN que poderán empregar para a formalización da súa solicitude:
Unha vez cuberto e debidamente asinado pola persoa competente na entidade local solicitante, ese documento de adhesión deberá:
Ser remitido á Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Sostibilidade da Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático,
A través do procedemento PR004 dispoñible na Sede Electrónica da Xunta de Galicia, PR004
Indicando no mesmo o código facilitado pola plataforma APUNTA no momento de cumprimentar o formulario requirido no primeiro punto.
Achegando como DOCUMENTACIÓN ANEXA a documentación xustificativa da aprobación de adhesión polo órgano competente na entidade local solicitante consonte ao sinalado con anterioridade no apartado 1 da presente información.
Contacto
En caso de dúbida ou para máis información no tocante á tramitación e información requirida para a tramitación destas adhesións teñen á súa disposición o seguinte teléfono de contacto: 667 18 50 23 (Oficina de Economía Circular Municipal).