A Vicepresidencia Segunda e Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda publicou no Diario Oficial de Galicia, do 7 de agosto de 2023, unha nova orde de axudas dirixida a empresas, autónomos, asociacións e fundacións de Galicia, para o financiamento de actuacións en materia de residuos de competencia municipal, cofinanciadas polo fondo europeo relativo ao Mecanismo de recuperación e resiliencia da UE no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU, e se procede á súa convocatoria en réxime de concorrencia competitiva para os anos 2023 e 2024 (código de procedemento MT975R).
Nesta sección atoparedes toda a información relacionada con esta convocatoria.