A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda publicou no Diario Oficial de Galicia, do 14 de xuño de 2023, unha nova orde de axudas dirixida a entidades locais de Galicia, para o financiamento de actuacións en materia de biorresiduos de competencia municipal, cofinanciadas polo fondo europeo relativo ao Mecanismo de recuperación e resiliencia da UE no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU, e se procede á súa convocatoria en réxime de concorrencia non competitiva para os anos 2023 e 2024 (código de procedemento MT975P).
Nesta sección atoparedes toda a información relacionada con esta convocatoria.