Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda

CMATI

|
|
|
Compartir

Convenio marco de colaboración entre a Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático da Xunta de Galicia e os sistemas de responsabilidade ampliada do produtor (SRAP) pilas e acumuladores

Texto do convenio

O convenio marco asinado entre a Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático e os sistemas de responsabilidade ampliada dos produtores (SRAP) de pilas e acumuladores que figuran como partes no mesmo ten por obxecto regular o marco de colaboración no que se desenvolverán as actividades de xestión de residuos de pilas e acumuladores que se recollan no territorio das entidades locais galegas adheridas nesta Comunidade Autónoma, co fin de asegurar o cumprimento do esixido no Real Decreto 106/2008, do 1 de febreiro, sobre pilas e acumuladores e a xestión ambiental de residuos, así como nas demais normas legais que sexan de aplicación a este tipo de residuos.

Para iso establécense e regúlanse neste convenio os compromisos:

  • da Consellería,

  • dos SRAP de pilas e acumuladores asinantes e dos que voluntariamente se puidesen adherir con posterioridade ao mesmo, sen prexuízo das obrigas que cada unha das partes teñen asignadas conforme a normativa vixente,

  • así como tamén das entidades locais ou entidades que teñan atribuída, no seu nome, a competencia na xestión dos residuos domésticos (en diante, todos eles EELL), e que voluntariamente decidan adherirse.

 CONVENIO MARCO 

 

Adhesión das entidades locais ao convenio marco

As entidades locais que o desexen poden adherirse a este convenio consonte ao establecido na súa cláusula quinta así como no anexo 1 que acompaña ao mesmo.

De conformidade coas ditas previsións será preciso que as entidades locais interesadas:

  1. Poidan acreditar documentalmente a APROBACIÓN POR PARTE DO ÓRGANO COMPETENTE NA ENTIDADE LOCAL SOLICITANTE (*) QUE XUSTIFIQUE A SÚA VONTADE DE ADHERIRSE ao convenio marco cuxo texto pode ser consultado neste enderezo.

    (*) NOTA: Consistirá xeralmente nun acordo adoptado polo Pleno da Corporación que se adhira ao convenio marco, salvo que a competencia se atope delegada, nese caso, será o acordo de adhesión adoptado polo órgano da corporación, ente, organismo ou empresa pública que teña a delegación, acompañado da resolución de delegación.

  2. Cumprimenten por medios electrónicos o FORMULARIO dispoñible na plataforma APÚNTATE da Xunta de Galicia, no seguinte enderezo habilitado: https://apunta.xunta.gal/gl/adhesion-convenio-pilas-acumuladores

    Unha vez cuberto o dito formulario, no momento de darlle a ENVIAR a través da aplicación APÚNTATE, o sistema devolve un CÓDIGO que remite automaticamente ao correo electrónico que fose facilitado ao abeiro do apartado Datos da Administración Pública que solicita a adhesión e que deberá incluír no momento da remisión da solicitude a través do PR004A ao que se fai referencia mais adiante.

  3. Presentación da SOLICITUDE DE ADHESIÓN:

    • Dispoñen no seguinte enderezo dun MODELO DE ADHESIÓN que poderán empregar para a formalización da súa solicitude: 

      DESCARGA MODELO 

    • Unha vez cuberto e debidamente asinado pola persoa competente na entidade local solicitante, ese documento de adhesión deberá:

      1. Ser remitido á Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Sostibilidade da Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático,

      2. A través do procedemento PR004 dispoñible na Sede Electrónica da Xunta de Galicia, PR004

      3. Indicando no mesmo o código facilitado pola plataforma APUNTA no momento de cumprimentar o formulario requirido no primeiro punto.

      4. Achegando como DOCUMENTACIÓN ANEXA a documentación xustificativa da aprobación de adhesión polo órgano competente na entidade local solicitante consonte ao sinalado con anterioridade no apartado 1 da presente información.

Contacto

En caso de dúbida ou para máis información no tocante á tramitación e información requirida para a tramitación destas adhesións teñen á súa disposición o seguinte teléfono de contacto: 667 18 50 23 (Oficina de Economía Circular Municipal).

Documento/s relacionados