Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda

CMATI

|
|
|
Compartir

Vidro

Co reciclado dos envases de vidro aforramos o consumo de novas materias primas, reducimos o consumo de enerxía e diminuímos a contaminación atmosférica

O vidro xerado nos fogares pode clasificarse en dous grandes grupos:

 

Envases de vidro: botellas, botes e frascos de vidro utilizados para alimentos, bebidas, produtos de beleza ou hixiene.

 

Na maioría dos casos estes envases están incluídos dentro do ámbito de Ecovidrio polo que deben incluír o Punto Verde como identificación de que pertencen a un sistema de responsabilidade ampliada do produtor e deben ser depositados nos contedores específicos habilitados na rúa (iglú verde). Pode consultar máis información sobre este sistema integrado de xestión pinchando aquí .

 

De xeito pouco habitual no ámbito domiciliario, pero si nas actividades de restauración e hostalería, existen algunhas actividades comerciais que ofrecen aos cidadáns envases de vidro reutilizables como poden ser os distribuidores de leite ou algunhas marcas de perfumes que permiten o recheo dos seus frascos. Este tipo de envases deben dispoñer dun Sistema de Depósito Devolución e Retorno (SDDR) o cal se encarga de devolver ao consumidor o depósito que tivo que pagar á hora de mercar o produto cando este entrega o envase baleiro a un punto de venta autorizado ou ás instalacións ou máquinas de retorno habilitadas ao efecto. A cambio este Sistema encargase de realizar a xestión completa destes envases para volver a reintroducilos no ciclo produtivo.

 

vidro

 

Vidro non envase: utensilios de vidro utilizados no fogar como vasos, pratos, xerras, etc. ou elementos de vidro construtivos ou decorativos como vidro plano das ventás, portas, biombos, mesas, etc.

 

A xestión destes residuos debe facerse mediante o seu depósito no contedor da fracción resto ou, se son perigosos ou voluminosos, no punto limpo.

 

vidrovidro

 

O termo “cristal” é utilizado moi frecuentemente como sinónimo do vidro, aínda que é incorrecto debido a que, dende o ámbito científico, son materiais distintos. O cristal contén óxido de chumbo, o cal lle reporta características peculiares como o son é o brillo. Este composto químico fai que estes materiais non se poidan fundir nos mesmos fornos nos que se procesan os envases de vidro polo que, se son de escaso volume, deben depositarse xunto coa fracción resto ou, no caso de ser voluminosos, deben xestionarse mediante a vía de xestión que o concello teña implantado para dito residuo ou no punto limpo.

 

 

O ciclo dos envases de vidro non reutilizables

 

Tras o seu depósito no contedor específico para a recollida do vidro estes residuos trasládanse a zonas de almacenamento en espera de acumular unha cantidade maior para realizar o transporte ata as plantas de tratamento en camións de maior capacidade.

 

Nas plantas de tratamento desenvólvense as seguintes operacións de acondicionamento destes residuos:

 

  • Separación inicial dos elementos estraños que soen acompañar aos envases de vidro: tapas, etiquetas, plásticos, etc.
  • Lavado
  • Separación e clasificación por tipoloxías asociadas ao seu cor: verde, ámbar ou café e transparente.
  • Trituración ou rotura para obter un produto denominado calcín.

 

O calcín, unha vez mesturado co resto das materias primas, fúndese nas fábricas de envases de vidro no forno para fabricar novos obxectos de vidro coas mesmas características que os orixinais. O vidro reciclado esixe unha menor temperatura de fusión que as materias primas orixinais (area, sosa e caliza) polo que no proceso de fabricación de novos envases se consume menos enerxía.

 

Deste xeito o sistema de reciclado de vidro pecha o ciclo de vida deste material.

 

vidro

Ciclo de vida dos envases de vidro