O material recollido no colector amarelo (envases de plástico, latas e bricks) ou no colector "resto", en función do sistema de recollida implantado, é enviado a unha planta de selección.
Nalgúns casos, e debido ás distancias existentes entre o lugar de recollida e a planta de selección,faise necesario que pase a través de estacións de transferencia para o seu posterior transporte a unha planta de selección.
En Galicia existen 3 plantas de selección situadas en Cerceda (SOGAMA), Lousame (Complexo Medioambiental da Mancomunidade "Serra do Barbanza"), e na Coruña (Complexo Medioambiental de Nostián).
Nestas plantas realízase a separación e clasificación por materiais, producíndose distintas fraccións preparadas para seren entregadas ás empresas recicladoras:
O material seleccionado debe cumprir coas especificacións técnicas dos materiais recuperados (ETMR) acordadas no Convenio Marco Xunta-Ecoembes. Estas especificacións garanten que os materiais serán reciclados nas mellores condicións, tanto dende un punto de vista económico, como operativo e ambiental.
Os envases recuperados e clasificados en diferentes fraccións son entregados a xestores autorizados para a súa reciclaxe ou recuperación.
Na planta de clasificación de SOGAMA os residuos de envases recuperados entréganse a:
EMPRESA RECUPERADORA | |
---|---|
PET | IPARPET RECYCLING, S.L. |
Polietileno de alta densidade (PEAD) | SUMINCO |
Polietileno de baixa densidade (PEBD) | BIZKAIKO PLASTIKO BERZIKLATEGIA (BPB) |
Plásticos varios | LIGEPLAS S.L. |
Brick | INDUSTRIA PAPELERA NESA |
Aluminio | FRANCISCO MATA S.A. |
Aceiro | DANIGAL RECUPERACIONES FÉRRICAS S.L. |
Papel/cartón | CARPA S.A. |
O material que non cumpre as condicións técnicas esixibles ou que polas súas características non pode ser destinado á reciclaxe en condicións ambientalmente viables, é valorizado enerxéticamente.
Ecoembalajes España, S.A. (Ecoembes), é unha sociedade anónima sen ánimo de lucro, coa misión de deseñar e implementar sistemas para a recollida selectiva e recuperación de envases usados e residuos de envases, a fin de garantir o cumprimento dos obxectivos de redución, reciclaxe e valoración definidos na Lei 11/97, do 24 de abril, de envases e residuos de envases.
Ecoembes colabora coas Comunidades Autónomas e os concellos na recollida selectiva de residuos de envases, financiando a diferenza de custo entre o sistema ordinario de recollida de residuos sólidos urbanos e os novos sistemas de recollida selectiva de residuos de envases