-
Vertedoiro de Ourense clausurado
-
Vertedoiro de Ourense durante o selado
-
Vertedoiro de Ourense rexenerado
-
Vertedoiro de Marín (Pontevedra) clausurado, ó inicio das obras
-
Recuperación do medio ambiente
O obxectivo principal deste subprograma é a clausura, selado e rexeneración dos vertedoiros de Residuos Sólidos Urbanos espallados pola xeografía galega, que no vaian seguir sendo empregados, co fin de elimina-los focos de contaminación que ocasionan estes vertidos.
Con esta medida, ademais de elimina-la contaminación,a zona afectada rexenérase de modo que queda integrada de novo no medio.
As actuacións de selado e clausura en cada vertedoiro contemplan:
- Redacción do proxecto construtivo de detalle de cada vertedoiro.
- Execución do proxecto.
- Seguimento ambiental postclausura.
Os criterios das actuacións de selado e clausura establécense de acordo coa Directiva 1999/31/CE do Consello de 26 de abril de 1.999 relativa ó vertido de residuos.
As medidas de protección ambiental que se adoptan en cada actuación inclúen os seguintes elementos:
- Control de accesos
- Acondicionamento das superficies de vertido
- Control da escorrentía superficial
- Recollida e control de lixiviados
- Control e extracción de gases
- Medidas de contención da contaminación de solos e augas subterráneas
- Cuberta de selado
- Revexetación das superficies
Detalle da capa de selado:

Ademais das sucesivas capas de selado as obras inclúen unha serie de instalacións para completa-lo labor de rexeneración do vertedoiro.
A actuación de clausura, selado e rexeneración dun vertedoiro ten 3 fases:
- Clausura: O vertedoiro é clausurado polo Concello que busca outras alternativas máis respectuosas co Medio Ambiente para elimina-los residuos.
- Selado: Execútanse as obras de selado do vertedoiro para elimina-la contaminación dos residuos e rexenérase ambientalmente a zona afectada polo vertedoiro.
- Seguimento e control ambiental: Establécese un Plan de Seguimento e Control Ambiental co fin de:
- Verifica-la avaliación inicial dos impactos, concretando polo miúdo os parámetros de seguimento da calidade dos factores ambientais afectados.
- Controla-la realización das medidas correctoras propostas no Estudio de Impacto Ambiental.
- Proporcionar información sobre a calidade e eficacia das medidas correctoras aplicadas, así como, a non xeración de fontes contaminantes.