a) O mesmo tipo de residuo a varios pequenos produtores:
Os pasos a seguir son:
- O transportista cobre e asina o documento de control e seguimento itinerante (SXCR-1)
- O produtor asina o documento de control e seguimento itinerante (SXCR-1).
- O transportista asina e sela a copia amarela do xustificante de entrega (SXCR-2), e entrégalla ó produtor, como xustificante provisional ata a recepción e aceptación dos residuos polo xestor.
- O transportista entrégalle os residuos ó xestor autorizado xunto coas tres copias do documento de control e seguimento itinerante (SXCR-1)
- O xestor comproba os datos do documento de control e seguimento itinerante e, se son correctos acepta os residuos:
- Devólvelle ó transportista a copia de cor verde (SXCR-1).
- Envíalle á Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental a copia de cor azul (SXCR-1)
- Asina e sela o xustificante de entrega (SXCR-2), e remítelle a copia rosa ó produtor no prazo máximo de 1 mes, dende a data de entrega polo transportista

Nota: Se o xestor comproba que o residuo non concorda coas características do que foi aceptado, rexeitarao e fará constar este feito no documento de control e seguimento.
b) Varios tipos de residuos ao mesmo produtor.
Os pasos a seguir son:
- O produtor subscriben cubre e asina o documento de control e seguimento (SXCR-3)
- Unha vez conformado o documento coa sinatura e selo do produtor e do transportista, o produtor conservará unha copia provisional (amarela) que lle servirá como xustificante da entrega do residuo e entrégalle 4 copias ó transportista.
- O transportista entrégalle os residuos ó xestor autorizado xunto coas copias branca, rosa, azul e verde do documento (SXCR-3).
- O xestor comproba os datos do documento (SXCR-3) e, se acepta os residuos subscribe o dito documento, asumindo entón a titularidade do residuo:
- Devolve ó transportista a copia de cor verde.
- A copia de cor rosa envíalla ó produtor no prazo de 1 mes.
- A copia de cor azul, envíalla á Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental.
- A copia branca, queda en poder do xestor.

Nota: Se o xestor comproba que algún residuo non concorda coas características do que foi aceptado, rexeitarao e fará constar este feito no documento de control e seguimento.