Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda

CMATI

|
|
|
Compartir

Que é un colector soterrado?

Tras un pormenorizado estudio sobre a problemática existente debido á frecuente presencia de colectores de residuos (vidro, papel, orgánicos, briks, latas e plásticos) nas vías públicas, decidiuse desenvolver un sistema mecanizado, que consiste en soterrar os actuais colectores de superficie, para mellora-lo aspecto estético das vías urbanas.

Residuos admisibles nos colectores soterrados:

Estes colectores estarán destinados á recollida selectiva e ó almacenamento temporal de:

  • Papel e cartón
  • Vidro
  • Envases lixeiros: plásticos, latas, briks
  • Residuos orgánicos

Secuencia fotográfica da instalación:

As seguintes imaxes corresponden á instalación de colectores en Cambados (Pontevedra).

  1. Escavación do foso:

    Excavación do foso

  2. Formigonado do foso:

    Formigonado do foso

  3. Colocación das plataformas :

    Formigonado do foso

  4. Probas de funcionamento :

    Colocación das plataformas

  5. Colocación do pavimento:

    Colocación do pavimento

Xestión de colectores soterrados:

A xestión dos Colectores Soterrados será competencia do concello no que se sitúe o mesmo tal e como se contempla no convenio a asinar entre a Consellería de Medio Ambiente e o Concello en cuestión. A xestión inclúe o mantemento dos colectores soterrados así como a posterior evacuación dos residuos como sexa pertinente segundo a tipoloxía dos mesmos.