Recollida de aceites con destino fora da comunidad autónoma
Pasos a seguir:
- O produtor, recolledor ou xestor intermedio que realice o envío cubrirá os datos A, B, C, D e o apartado correspondente do grupo E, se fóra preciso, incluida a sinatura autorizada pola empresa. Conservará para o seu arquivo durante cinco anos, a copia rosa, e remitirá a copia amarela ao órgano ambiental da comunidade autónoma de expedición (orixe). Entregará ao transportista as copias verde, azul e amarela con franxa vermella. A copia branca remitirase ao Ministerio de Medio Ambiente.
- O transportista comprobará os datos do grupo C e asinará a casiña correspondente, entregando as tres copias restantes ao xestor de destino.
- O xestor de destino verificará os datos do grupo D, asinando a casiña correspondente e cubrindo, se fose necesario, o apartado do grupo E. Conservará para o seu arquivo durante cinco anos a copia de cor azul, e enviará a copia amarela con franxa vermella ao órgano ambiental da comunidade autónoma onde estea situado o centro receptor (destino). A copia de cor verde é para o Ministerio de Medio Ambiente.