Consultas frecuentes en aplicación do REGLAMENTO (UE) 2024/1157 do Parlamento Europeo e do Consello
1. Páxina de información da Comisión Europea
Waste shipments - European Commission
2. Páxina de información do MITERD
3. Que é o sistema DIWASS e a que traslados afecta?
O DIWASS (Digital Waste Shipment System) é a plataforma electrónica desenvolvida pola Comisión Europea para a xestión dos documentos dos traslados internacionais de residuos.
Este sistema afecta a todos os traslados nos que España sexa país de orixe, destino ou tránsito.
4. Cando será obrigatorio comezar a utilizar DIWASS?
A obrigatoriedade establécese en dúas fases:
Importante: os expedientes iniciados antes do 21/05/2026 continuarán polo sistema anterior.
5. Quen ten a obriga de utilizar DIWASS?
Todos os operadores económicos definidos no Regulamento (UE) 2025/1290: notificantes, organizadores do traslado, transportistas, destinatarios, produtores de residuos e instalacións de xestión.
6. Como se realiza o rexistro no sistema?
O rexistro de operadores estará dispoñible a partir do 21 de abril de 2026.
Nota: a aprobación só pode realizarse dentro de DIWASS.
A ter en conta:
7. Quen é a administración responsable do rexistro?
A autoridade competente depende da ubicación:
| ES12 | GALICIA |
Subdirección Xeral de Residuos. Dirección Xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climático. Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda. Xunta de Galicia. | residuos.ma@xunta.gal |
8. Como se acredita a representación ante a Xunta de Galicia?
Unha vez solicitado o rexistro en DIWASS, o usuario debe acreditar que representa legalmente a esa empresa ou centro.
Importante indicar no título do correo: Representación DIWASS
9. Cal é o prazo para que a Administración aprobe o meu rexistro?
A administración dispón de 5 días hábiles para resolver a solicitude, a contar desde que se solicita o rexistro en DIWASS e se envía a documentación de representación.
10. Debo seguir utilizando a plataforma GaIA da Xunta?
Dobre rexistro obrigatorio: Aínda que se utilice a plataforma europea DIWASS para os traslados, a información debe seguir rexistrándose na plataforma GaIA para cumprir coa obriga legal de levar o arquivo cronolóxico, segundo o establecido no artigo 27.5 da Lei 6/2001.
Está prevista, a longo prazo, a simplificación do rexistro en GaIA eResiduos, co obxectivo de evitar duplicidades.
11. É necesario seguir presentando o Anexo VIII de previsión semestral?
Si. Mantense a obriga de presentación segundo a normativa autonómica galega. Non existe conflito entre a normativa europea e a autonómica, ao tratarse de obrigas de distinta natureza e ámbito de aplicación, polo que a normativa autonómica resulta plenamente aplicable no que non contradiga ao Regulamento europeo.
12. Buzóns de consultas DIWASS
Para cuestións técnicas relacionadas co funcionamento do sistema central, Soporte Comisión Europea: SANTE-TRACES@ec.europa.eu
Para dúbidas relacionadas coa utilización de DIWASS: bzn-diwass@miteco.es Teléfono: 913538395 (luns a venres de 9:00 a 14:00 h.)
Para consultas relacionadas coa normativa do Regulamento (UE) 2024/1157 do Parlamento Europeo e do Consello, de 11 de abril de 2024: basel@miteco.es
Para consultas específicas de traslados internacionais de residuos transfronteirizos na CCAA Galicia: residuos.ma@xunta.gal
13. Outra información de interese