1.DIWASS
O DIWASS (Digital Waste Shipment System) é a plataforma electrónica desenvolvida pola Comisión Europea para a presentación e intercambio de documentos relativos aos traslados internacionais de residuos.
Páxina de información Comisión Europea
Páxina de información MITERD
2. A que traslados afecta?
Este sistema afecta a todos os traslados nos que España sexa o país de orixe, destino ou tránsito.
3. Cando será obrigatorio empezar a empregar DIWASS?
A obrigatoriedade establécese en dúas fases:
*Importante: Se un traslado foi iniciado e acusado de recibo pola autoridade de destino antes do 21 de maio de 2026, seguirá tramitándose polas canles anteriores ata a súa finalización.
4. Quen ten a obriga de empregar DIWASS?
Deberán empregar esta plataforma todos os operadores económicos definidos no Regulamento (UE) 2025/1290: notificantes, persoas que organizan o traslado, transportistas, destinatarios, produtores de residuos e instalacións de xestión.
5. Como se realiza o rexistro no sistema?
O rexistro de operadores e emprazamentos estará habilitado a partir do 21 de abril de 2026.
Os pasos principais son:
PASO 1. Acceso a DIWASS mediante EU Login
Para poder acceder a DIWASS é necesario dispor dunha conta de EU login, con verificación en dos factores. A Comisión habilitou unha guía paso a paso para explicar o acceso á plataforma DIWASS
PASO 2. Crear o operador económico
Debe crear o operador económico* ao que representa indicando como mínimo:
- Sede social
- Identificador principal da empresa (EORI o NIF segundo corresponda) e facer clic no icono da estrela (★) para designar ao identificador como principal.
- Correo electrónico e teléfono de contacto
A continuación, deberán solicitar a súa aprobación en DIWASS por parte da autoridade competente.
Segundo a súa situación:
- Primeira vez en DIWASS: ver manual do usuario para operadores, capítulo 2.
- Si xa ten acceso a outros operadores en DIWASS: Ver capítulo 4 do manual e vídeo explicativo nº 3.
PASO 3. Solicitar autorización de representación en DIWASS (Alta usuario master)
Debe solicitar á autoridade competente a autorización para representar a operadores en DIWASS como usuario* a través da propia plataforma.
Segundo a súa situación:
- Usuario non activo en DIWASS: Ver manual de usuario, capítulo 3 e vídeo explicativo nº 2.
- Usuario acceso a outros operadores en DIWASS:: Ver manual do usuario, capítulo 5 e vídeo explicativo nº 4.
Ademais, deberá enviar o xustificante de apoderamento (ou outro documento válido en dereito) por correo electrónico a: residuos.ma@xunta.gal *Importante: indicar no asunto do correo: Representación DIWASS - Nome da empresa
PASO 4. Xestión de usuarios
Unha vez validados o operador e o usuario principal pola autoridade competente, habilitaranse novas funcionalidades en DIWASS
A partir dese momento, o usuario principal poderá autorizar a outros usuarios dentro da organización sen necesidade de autorización adicional por parte da autoridade competente). Ver capítulo 6 do manual de usuario para operadores e vídeo explicativo nº 5.
PASO 5: Creación de emprazamentos
Aplicable unicamente a centros de produción e/ou de tratamento. Non se require para transportistas, negociantes ou axentes. Ver capítulo 7 do manual de usuario para operadores e vídeo explicativo nº 6.
PASO 6: Envío notificación
Manual de instruccións documentos de notificación e movemento.
Ver vídeo explicativo nº 7
PASO 7: Responder solicitudes de información adicional
Manual de instruccións documentos de notificación e movemento.
Ver vídeo explicativo nº 8
*Fontes:
- Manual de usuario para operadores
- Manual de instruccións documentos de notificación e movemento.
- Vídeos explicativos subtitulados en castelán (Accede ao apartado DIWASS e selecciona Operator para indicar o operador correspondente)
6. Quen e a administración responsable do rexistro de operadores ou emprazamentos?
De conformidade co artigo 7.8 do Regulamento de execución (UE) 2025/1290, por Acordo da Comisión de Coordinación en materia de residuos, establecéronse as normas para o reparto de competencias entre as autoridades competentes que leven a cabo o rexistro dos operadores económicos ou emprazamentos en DIWASS:
• Nos casos de creación dun operador económico en DIWASS, a comunidade autónoma onde o operador económico teña a súa sede social.
• Nos casos de creación dun emprazamento en DIWASS, a comunidade autónoma onde estea localizado ese emprazamento.
• No caso de creación de operadores económicos e/ou emprazamentos en DIWASS localizados nun país terceiro fóra da Unión Europea, o Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico, nos supostos nos que a autoridade competente do país onde se atope o operador económico ou emprazamento decidise non utilizar DIWASS (código E99). Subdirección Xeral de Residuos. Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental: bzn-diwass@miteco.es
|
ES12 |
GALICIA |
Subdirección Xeral de Residuos e Economía Circular. Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Sostibilidade. Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático |
residuos.ma@xunta.gal |
7. Como se acredita a representación ante a Xunta de Galicia?
Unha vez solicitado o rexistro en DIWASS, o usuario debe acreditar que representa legalmente a esa empresa ou centro.
8. Cal é o prazo para que a Administración aprobe o meu rexistro?
A autoridade competente dispón dun prazo de 5 días hábiles para aprobar, denegar ou solicitar máis información, a contar dende que se solicita o rexistro no DIWASS e se envía a documentación de representación.
9. Buzón de consultas sobre traslados internacionales de residuos transfronterizos e DIWASS
A Comisión prestará apoio en cuestións técnicas relacionadas co funcionamento do sistema central.
Pode poñerse en contacto co servizo central de asistencia da Comisión a través de: SANTE-TRACES@ec.europa.eu
Para consultas ou dúbidas sobre a normativa de traslados de residuos internacionais ou a utilización de DIWASS recoméndase en primer lugar consultar toda a información dispoñible nesta páxina, na páxina web da Comisión Europea, así como toda a información incluída na sección “Traslados internacionales de residuos” do MITECO.
En caso de seguir tendo dúbidas, pode remitilas aos seguintes buzóns, tendo en conta a temática da mesma:
10. Outra información de interese
No seguinte enlace dispón de toda a información sobre como rexistrar os operadores económicos en DIWASS, facilitada pola Comisión Europea, como son: manuais, documentación técnica, videotitoriais, etc. Recoméndase a súa consulta para estar ao día das novidades.
- Información posta en funcionamiento do novo regulamento: Implementation of the Waste Shipment Regulation - Environment
- Información detallada DIWASS: Digital Waste Shipment System (DIWASS) - Green Forum - European Commission
- Información detallada rexistro operadores económicos en DIWASS: How to register economic operators in DIWASS - Green Forum
Teña en conta que a documentación se actualiza continuamente, polo que lle recomendamos consultala periodicamente para estar ao día das especificacións.
- Documentación adicional Seminario 28 abril 2026: Sistema Digital de Traslados de Residuos, DIWASS