Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda

CMATI

Vostede está en:
|
|
|
Compartir

Descrición do procedemento

O órgano ambiental competente no control dos traslados de residuos perigosos de produtores ou xestores intermedios dentro do territorio de Galicia é a Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental

O órgano ambiental competente no control dos traslados de residuos perigosos de produtores ou xestores intermedios dentro do territorio de Galicia é a Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental. No caso de que o traslado afecte a varias comunidades autónomas, o órgano ambiental competente é o Ministerio de Medio Ambiente.

Pasos a seguir:

  1. Solicitude de admisión.- O produtor do residuo, antes do seu traslado dende o lugar de orixe ata a instalación de xestión, ten que dispoñer dun compromiso documental de aceptación por parte do xestor (DA).
  2. Contestación á solicitude de admisión.- No caso de admisión dos residuos, o xestor, no prazo máximo dun mes, a partir da recepción da correspondente solicitude, deberá manifestar documentalmente a aceptación e os termos de esta. No caso de non admisión, o xestor, no mesmo prazo, comunicará ao produtor as razóns da súa decisión.
  3. Preaviso.- O produtor ou xestor intermedio que se propoña ceder residuos perigosos deberalle remitir, polo menos con dez días de antelación á data de envío, á Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental unha notificación previa de traslado (NPT).
  4. Formalización do documento de traslado.- Tanto o produtor como o transportista e o destinatario intervirán na formalización do documento de control e seguimento (DCS) na parte que a cada un deles corresponde en función das actividades que realicen.
  5. O remitente, produtor ou xestor intermedio, quédase coa copia vermella correspondente do (DCS) e envía as copias branca e laranxa ao órgano ambiental da comunidade autónoma de expedición (orixe).
  6. O destinatario quédase coa copia copia vermella correspondente do (DCS) e envía as copias azul e verde ao órgano ambiental da comunidade autónoma de destino, e a copia amarela ao órgano ambiental da comunidade autónoma de expedición (orixe).