Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda

CMATI

|
|
|
Compartir

Guía de clasificación de residuos en Puntos Limpos

Neste manual, inclúese información de utilidade para os operarios sobre a xestión dos distintos tipos de residuos. Pretendese, por tanto, que a través dunha mellor formación dos traballadores, se poidan maximizar as posibilidades de recuperación, reciclaxe e valorización posterior dos diferentes materiais achegados.


Entre os contidos que ofrece esta guía, inclúese a descrición xeral dun punto limpo, explicando as partes da instalación e identificando as diferentes fraccións que os usuarios poden depositar. Así mesmo, establécense indicacións para o correcto etiquetado de cada un dos colectores, a metodoloxía e tempo permitido de almacenaxe e o sistema de rexistro de entradas e saídas.
 

Ademais das consideracións xerais, cada tipoloxía de residuos preséntase mediante unha ficha na que, dun modo visual e sinxelo, se determina en que colector se deposita cada tipo de material, incidindo especialmente en clarificar o sistema de xestión correcto para aqueles casos que con maior frecuencia dan lugar a confusión.

Documento/s relacionados
  • Guía para a Clasificación de Residuos nos Puntos Limpos Descargar