Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda

CMATI

Vostede está en:
|
|
|
Compartir

Como se xestionan?

  • Colector verde
  • Bolsas para a recollida selectiva
  • Calcín
  • SIX autorizado

Os envases de vidro baleiros xerados nos domicilios particulares deben ser recollidos selectivamente para a súa posterior reciclaxe, segundo o obriga a Lei de Envases e Residuos de Envases.

A recollida monomaterial de vidro realízase mediante colectores tipo iglú, verdes, de alta capacidade (2,5-4m3) denominados colectores verdes. Estes colectores están especialmente deseñados para a recepción dos envases de vidro e poden estar agrupados co resto dos colectores destinados á recollida selectiva ou atoparse illados co fin de acercarse ao máximo aos lugares de xeración ou consumo dos envases de vidro.

Existe un modelo complementario para a recollida do vidro que son os denominados colectores soterrados cuxa principal característica e que se atopan soterrados para mellorar o aspecto estético das vías urbanas, especialmente en paraxes históricas ou monumentais. Pode atopar máis información sobre este tipo de colectores premendo aquí. 

Actualmente a totalidade dos municipios galegos contan con colectores para a recollida selectiva dos envases de vidro distribuídos segundo:

PROVINCIA

Nº COLECTORES ANO 2012

A CORUÑA

5.260

LUGO

1.873

OURENSE

1.544

PONTEVEDRA

3.885

TOTAL

12.562

Debido ás características dos concellos de Galicia, a dotación de colectores é diferente en función do tipo de concello: zona urbana, zona semiurbana ou zona rural.

Que debe depositar o cidadán no colector verde:

  • Botellas de vidro.
  • Frascos de vidro.
  • Tarros e botes de vidro.

Sempre sen tapas, tapóns ou cortizas!!

Que NON se pode depositar no colector verde:

  • Lámpadas.
  • Vasos e copas de cristal.
  • Tapas, tapóns e cortizas.
  • Vidros especiais: parabrisas, pantallas de televisión, espellos, etc.
  • Tarros e botellas de medicamentos.

Unha vez que o cidadán deposita os residuos de envases de vidro no colector verde é o SIX autorizado, ECOVIDRIO, o encargado de xestionar estes residuos.

Tras o seu depósito no colector verde os residuos de envase de vidro son recollidos e transportados ata as estacións de transferencia localizadas por toda a xeografía galega onde se almacenan en espera de acumular unha cantidade que permita o seu transporte ata a planta de tratamento, nun camión de gran capacidade. Esta recollida realizase ben pola empresa adxudicataria da recollida do propio SIX ou ben polo concello, sendo o SIX o encargado de sufragar os custes de recollida neste último caso.

Na planta de tratamento os residuos de envases de vidro tritúranse e convértense en calcín (po de vidro).

ECOVIDRIO licita regularmente os servizos de recollida selectiva e tratamento de vidro, así como a venta do calcín recuperado. Pode consultar as empresas adxudicatarias premendo aquí.