A cantidade de plástico agrícola (plástico e bolsas de silo, plástico de invernadoiro) que se xera en Galicia ao longo dun ano é de aproximadamente 7.700 toneladas.
A práctica habitual do vertido ou da incineración de xeito incontrolado supón un problema medioambiental, que orixina un deterioro progresivo e acumulativo do contorno, tendo ademais en conta o impacto paisaxístico derivado da proliferación de puntos de abandono destes materiais.
Os agricultores e gandeiros deberán recoller e xestionar correctamente os plásticos agrícolas que xeneran da súa actividade.
Os residuos plásticos lixeiros e non perigosos recollidos recíclanse mediante un proceso mecánico no que se obtén granza. A granza plástica obtida comercialízase para utilizala como materia prima na fabricación de novos produtos plásticos, como bolsas de lixo e tubo de polietileno.