Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda

CMATI

|
|
|
Compartir

Xestión de residuos

 

Xestión de residuos domésticos e COVID-19

Consulte as recomendacións do Ministerio de Sanidade, Consumo e Benestar sobre xestión de residuos domésticos durante este período de emerxencia sanitaria; nestas recomendacións inclúese información sobre a xestión dos residuos domésticos nos propios fogares, nos centros hospitalarios, así como nas plantas de tratamento de residuos domésticos e hospitalarios.

Lembrámoslle a necesidade de seguir separando en orixe os residuos xerados no seu domicilio e depositalos nos contedores habilitados ao efecto no seu concello.

Pode consultar estes documentos ao final desta sección.

Xestión de residuos e COVID-19

Durante a crise sanitaria por parte da Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental publicáronse unhas recomendacións sobre medidas para os traballadores do sector da recollida e tratamento de residuos durante a crise sanitaria do COVID-19, así como unhas instrucións para a xestión de residuos nas industrias durante a crise sanitaria do COVID-19.

Pode consultar estes documentos ao final desta sección.

Orientacións en materia de prevención de residuos durante a desescalada

O Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico publicou as orientacións sobre a prevención e xestión de residuos durante a desescalada.

O obxectivo desta guía é fomentar a prevención e a separación en orixe dos residuos proporcionando unha serie de medidas básicas para os cidadáns e os actores implicados na xeración de residuos.

Pode consultar este documento ao final desta sección.