Que é?
GaIA eResiduos é unha aplicación desenvolvida dentro da Plataforma GaIA co obxetivo de centralizar a información ambiental en materia de residuos das empresas, e servir de axuda para xestionar esta información e para cumprir coas obrigas nesta materia segundo a normativa vixente.
Para qué sirve?
Nesta aplicación web poderá realizar, entre outras, as seguintes accións (algunhas accións iranse engadindo ao sistema en fases posteriores):
Vostede poderá crear e xestionar na plataforma os seguintes datos mestres, que constituirán a súa propia base de datos en materia de produción e xestión de residuos, e que empregará posteriormente para os trámites antes sinalados:
Non será necesario incorporar esta información inicial se vostede traballa co E3L, debido a que esta xa está incorporada no arquivos XML.
Vantaxes
A nova Plataforma GaIA, substituirá ao SIRGa para usuarios rexistrados. Estas son as vantaxes da nova plataforma con respecto ao SIRGa.
Quen ten obriga de utilizar esta aplicación?
O artigo 29 da Lei 6/2021, do 17 de febreiro, de residuos e solos contaminados de Galicia indica que TODOS os documentos relacionados cos traslados de residuos dentro do ámbito da comunidade autónoma serán presentados ante o órgano competente da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia en formato electrónico a través da plataforma habilitada para o efecto, de conformidade co previsto nesta lei e na normativa que a desenvolva, neste caso a plataforma GaIA eResiduos.
Por outra banda de forma expresa esta Lei indica:
- Artigo 26.2: Os suxeitos produtores de residuos perigosos, os suxeitos produtores de residuos non perigosos que produzan máis de 1.000 toneladas anuais e aqueles suxeitos pequenos produtores de residuos perigosos que se determinen regulamentariamente, cando produzan residuos en instalacións situadas no territorio da Comunidade Autónoma de Galicia, están obrigados a levar o arquivo cronolóxico de xeito telemático a través da plataforma habilitada para ese efecto pola consellaría competente en materia de residuos.
- Artigo 27.5: Os suxeitos xestores que leven a cabo operacións de tratamento, incluída a almacenaxe de residuos, en instalacións situadas no territorio da Comunidade Autónoma de Galicia deberán levar o arquivo cronolóxico de xeito telemático a través da plataforma habilitada para ese efecto pola consellaría
Así teñen obriga da levanza do arquivo cronolóxico a través da plataforma GaIA eResiduos:
Se a súa empresa non está obrigada a a utilizar GaIA eResiduos pode utilizalo de xeito voluntario como unha ferramenta útil e eficaz para o control da rastrexabilidade dos residuos da súa instalación.