Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda

CMATI

|
|
|
Compartir

Aceites vexetais

  • Aceites vexetais usados

Os residuos de aceites usados vexetais se non son xestionados adecuadamente, poden ter unha incidencia negativa no medio.

Para evitalo, os produtores destes residuos teñen a obriga de xestionalos directamente ou entregalos a empresas autorizadas para que os traten adecuadamente asumindo os custes que esta xestión ocasione.

Neste sentido, dende esta Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático detectouse que en moitos casos os restauradores entregan os seus residuos a empresas que só están habilitadas para o transporte, pero que non son xestoras de residuos.

Esta práctica, ademais de non garantir que o residuo se xestione adecuadamente, non exime ao restaurador da responsabilidade na xestión do residuos, que se mantén logo da súa retirada e inclúe as obrigas que puidesen derivarse por un posible derrame no transporte ou nos centros de almacenamento ao que puidesen destinarse os residuos de aceites retirados.

A empresa transportista pode ser contratada polos xestores ou polo propio restaurador. Se opta por esta segunda vía, o produtor do residuo de aceite mantén a súa responsabilidade ata que sexa entregado a un xestor para o seu tratamento final.

Para asegurarse de que a entrega do aceite se realiza correctamente a un xestor de residuos, ou a unha empresa de transportes contratada por un xestor, este debe facilitar ao restaurador un comprobante de entrega dos residuos de acordo co modelo establecido no Decreto 59/2009, do 26 de febreiro, polo que se regula a rastrexabilidade dos residuos.

Pode obter máis información sobre o traslado de residuos non perigosos, como é o caso dos aceites usados de orixe vexetal, prema no seguinte enlace. 

En tempo real pode localizar as empresas que están autorizadas en Galicia para realizar as operacións de xestión e poder expedir o comprobante de entrega. Só debe premer aquí e introducir no campo LER o código 200125 e na actividade Valorización ou Almacenaxe, segundo o tipo de xestor ao que desexe entregar os seus residuos.