Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda

CMATI

|
|
|
Compartir

Valorización

En xeral denomínase valorización a todo procedemento que permita o aproveitamento dos recursos contidos nos residuos sen poñer en perigo a saúde humana e sen utilizar métodos que poidan causar prexuízos ao ambiente. O obxectivo da valorización é que o residuo substitúa a outros materiais que se utilizarían para cumprir unha función particular, ou que o residuo se prepare para cumprir esa función na instalación ou na economía en xeral.

Ditas operacións veñen recollidas no anexo II da nova lei de residuos codificadas coa letra R (lista non exhaustiva).

Operacións de valorización

R1

Utilización principal como combustible ou outro modo de producir enerxía

R2

Recuperación ou rexeneración de disolventes

R3

Reciclado ou recuperación de sustancias orgánicas que non se utilizan como disolventes (incluídos a compostaxe e outros procesos de transformación biolóxica)

R4

Reciclado ou recuperación de metais e de compostos metálicos

R5

Reciclado ou recuperación de outras materias inorgánicas

R6

Rexeneración de ácidos ou de bases

R7

Valorización de compoñentes utilizados para reducir a contaminación

R8

Valorización de compoñentes procedentes de catalizadores

R9

Rexeneración ou outro novo emprego de aceites

R10

Tratamento dos solos que produza un beneficio á agricultura ou unha mellora ecolóxica deles

R11

Utilización de residuos obtidos a partir de calquera das operacións numeradas de R 1 a R 10

R12

Intercambio de residuos para sometelos a calquera das operacións enumeradas entre R 1 e R 11

R13

Almacenamento de residuos en espera de calquera das operacións numeradas de R 1 a R 12 (excluído o almacenamento temporal, en espera de recollida, no lugar onde se produciu o residuo)