Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda

CMATI

|
|
|
Compartir

Preguntas máis frecuentes

Quen é responsable do residuo mentras se realiza o transporte?

O produtor do residuo é responsable do mesmo ata que o entrega a un xestor autorizado, polo tanto o transportista non asume a responsabilidade do residuo senón que actúa como intermediario.

As empresas subcontratadas que realizan o transporte teñen que estar inscritas?

Non, sempre que o que se subcontrate sexan vehículos e non o servizo de transporte en sí mesmo. Basta con que o produtor ou xestor encargue o transporte de residuos a unha empresa inscrita no Rexistro como transportista profesional para considerar que cumpre coa normativa, sendo esta empresa a responsable do transporte contratado ante o produtor. Esta responsabilidade inclúe que os vehículos empregados cumpran coa normativa xeral en materia de transporte.

Para o transporte de residuos perigosos e non perigosos, a empresa que realiza o servizo de transporte deberá estar inscrita no rexistro, podendo subcontratar vehículos de outra empresa para realizar o transporte.

 

Deben inscribirse no Rexistro os vehículos utilizados?

Os vehículos non, só a empresa transportista debe estar inscrita no Rexistro xeral de Produtores e Xestores de Residuos de Galicia.

É necesario que a empresa que quere inscribirse como transportista aporte certificados de destino dos residuos?

Non. Dispón de máis información na sección de trámites.