Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda

CMATI

Vostede está en:
|
|
|
Compartir

Publicación do novo Convenio Marco de Colaboración entre a Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático e os sistemas de responsabilidade ampliada dos produtores (SRAP) de aparatos eléctricos e electrónicos (AEE)

Data de publicación: 16.07.2025

Descrición:

O pasado 4 de xullo de 2025 asinouse un novo Convenio Marco entre a Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático e os Sistemas de Responsabilidade Ampliada do Produtor (SRAP) de aparellos eléctricos e electrónicos (AEE), co obxectivo de establecer un marco de colaboración para a xestión dos Residuos de Aparellos Eléctricos e Electrónicos (RAEE) recollidos nas instalacións das entidades locais da Comunidade Autónoma de Galicia.

Este convenio regula, para o período 2025-2028, a organización das actividades de recollida e tratamento destes residuos por parte dos SRAP asinantes, garantindo o cumprimento do Real Decreto 110/2015, do 20 de febreiro, sobre residuos de aparatos eléctricos e electrónicos.

Este departamento autonómico acaba de poñer a disposición das entidades locais interesadas a información e procedementos electrónicos habilitados para facilitar a tramitación das súas adhesións a través do seguinte enderezo:

Ligazon/s relacionadas
Subir