CMAOT

CMATI

|
|
|
Compartir

Que son?

Na miña actividade produzo residuos comerciais?

A lei 22/2011, do 28 de xullo define unha nova categoría de residuos distinta dos residuos domésticos e industriais que ata o de agora a lexislación autonómica consideraba incluídos dentro dos domésticos: os residuos comerciais.

Trátase de residuos xerados pola actividade propia do comercio, ao por maior e ao por menor, dos servizos de restauración e bares, das oficinas e dos mercados, así como do resto do sector servizos.

Exemplos de residuos comerciais serían:

  • Os cartuchos de tóner baleiros, o papel usado, ou caixas de cartón de embalaxes xerados nunha oficina.
  • Os residuos de embalaxes como caixas de cartón, plástico film ou envases de plástico xerados nos comercios.
  • Os residuos de cociña ou as botellas de vidro baleiras xeradas nun restaurante.

O control da produción e xestión destes residuos corresponde os concellos e á Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas.

O produtor ou outro posuidor inicial de residuos comerciais non perigosos deberá acreditar documentalmente a correcta xestión dos seus residuos ante a entidade local ou poderá acollerse ó sistema público de xestión dos mesmos, cando exista, nos termos que establezan as ordenanzas das Entidades Locais.