A reciclaxe dos materiais que finalizaron a súa vida útil presenta grandes vantaxes respecto a utilización de materias primas naturais. Entre outras:
No marco do Programa de xestión de residuos de construción e demolición de Galicia (2013-2016), preséntanse unha fichas nas que se describen os distintos materiais reciclables, as súas posibles aplicacións, así como as pautas para o seu uso axeitado.
1. Determinar a procedencia e composición do árido para clasificalo nalgún dos tipos reflexados na táboa:
| TIPO 1 | Árido reciclado procedente do tratamento de RCD con contido en produtos CERÁMICOS > 90% en peso |
| TIPO 2 | Árido reciclado procedente do tratamento de RCD con contido en FORMIGÓN > 90% en peso |
| TIPO 3 | Árido reciclado procedente do tratamento de RCD con contido en produtos PÉTREOS > 90% en peso |
| TIPO 4 | Árido reciclado procedente do tratamento de RCD |
| 4-A | Mesturas de formigón, produtos pétreos e produtos cerámicos noutras porcentaxes |
| 4-B | Mesturas de tipos 1, 2, 3 ó 4-A con áridos naturais |
| 4-C | Mesturas de tipos 1, 2, 3, 4-A ó 4-B con áridos artificiais |
| TIPO 5 | Árido reciclado procedente do tratamento de RCD |
| 5-A | Mesturas de tipos 1, 2, 3, 4 con proporciones > 10% en peso de materiais BITUMINOSOS |
| 5-B | Mesturas de tipos 1, 2, 3, 4 con proporciones ‹ 10% en peso de materiais BITUMINOSOS |
Nas fichas só se contemplan como áridos reciclados propiamente ditos os tipos 1, 2, 3 e 4-A, dado que:
O tipo 5 tampouco esta recollido nas fichas do programa.
En relación con estes áridos para novas mesturas bituminosas, o uso destes produtos reciclados en aplicacións in situ está permitido en estradas con categorías de tráfico pesado T2 a T4, excluíndo do seu uso as de categoría T00. No resto dos casos, o uso está limitado pola Orde Circular 8/01 sobre reciclado de firmes.
Para o uso nunha central de elaboración de mesturas bituminosas seguirase o establecido no artigo 542 do PG-3 Prego de Prescricións técnicas xerais para obras de estradas e pontes, sobre o uso como árido do material homoxéneo procedente do reciclado de mesturas bituminosas, para o seu uso no proceso de produción de novas mesturas bituminosas en quente.
2. Identificar as posibles aplicacións:
| Tipo 1 | Tipo 2 | Tipo 3 | Tipo 4-A | |
|---|---|---|---|---|
| Formigóns estruturais | X | X | ||
| Formigóns non estruturais | X | X | X | |
| Bases, subbases e chairas T2 | X | X | X | |
| Bases, subbases e chairas T3, T4 e beiravías T2 | X | X | X | |
| Bases, subbases e chairas beiravías T3 e T4 | X | X | X | |
| Terrapléns | X | X | X | |
| Recheo e nivelación de polígonos e naves industriais | X | X | X | |
| Recheo e nivelación de obras de edificación | X | X | X | |
| Recheos de zanxas en obras de canalización | X | X | X | |
| Recheo de terreos ou fincas | X | X | X | X |
| Pistas forestais e camiños rurais | X | X | X | X |
| Recheos en instalacións deportivas e de ocio (campos de golf, pistas de atletismo, de tenis, etc.) | X | X | X | X |
| Material de aporte en vertedoiros | X | X | X | X |
| Recuperación de canteiras | X | X | X | X |
| Xardinería | X | X | X | X |
Estes usos defínense de forma xenérica para os áridos reciclados propiamente ditos. Sen embargo, nalgún caso, pode ser necesario mesturar árido reciclado con natural ou artificial (áridos reciclados mestura, tipos 4-B e 4-C) para alcanzar as especificacións ou recomendacións que cada uso requira.
3. Consultar a correspondente ficha técnica de utilización:
| Ficha técnica | |
|---|---|
| Bases, subbases e chairas T2 | 2 |
| Bases, subbases e chairas T3, T4 e beiravías T2 | 3 |
| Bases, subbases e chairas beiravías T3 e T4 | 4 |
| Recheo e nivelación de polígonos e naves industriais Recheo e nivelación de obras de edificacións Recheos de zanxas en obras de canalización | 5 |
| Recheo de terreos e predios Pistas forestais e camiños rurais Instalacións deportivas Material de fornecemento en vertedoiros Recuperación de canteiras | 6 |
| Xardinería | 7 |
| Formigóns estructurais | 8 |
| Formigóns non estructurais | 9 |
| Recomendacións e consideracións sobre a utilización de formigóns estructurais e non estructurais reciclados | 10 |
Referencias e normativa técnica específica: