Tipos de aparellos con PCB
- Aparellos que conteñen PCB:
Considéranse aqueles que conteñan ou contiveran PCB, tales como os transformadores eléctricos, resistencias, indutores, condensadores eléctricos, arrancadores, equipos con fluídos termocondutores, equipos subterráneos de minas con fluídos hidráulicos e recipientes que conteñan cantidades residuais, sempre que non foran descontaminados por debaixo de 50 ppm en peso de PCB. - Aparellos fabricados con fluídos de PCB:
Aqueles aparellos que conteñen PCB debido a que foron fabricados equipándoos dende a súa orixe con dieléctricos ou fluídos constituídos por PCB - Aparellos contaminados por PCB:
Aparellos que, aínda que fabricados con fluídos que orixinariamente non contiñan PCB, ao longo da súa vida contamináronse, nalgún dos seus compoñentes, con PCB nunha concentración igual ou superior a 50 ppm. - Aparellos que poden conter PCB:
Aqueles aparellos dos que exista unha razoable sospeita de que poden terse contaminado con PCB na súa fabricación, utilización ou mantemento; EXCEPTO cando polo seu historial se deduza o contrario ou se acredite, mediante a correspondente análise química, que a súa concentración en peso de PCB é inferior a 50 ppm.
Aparellos sometidos a inventario
Os aparatos sometidos a inventario clasifícanse segundo o contido de PCBs en:
| Volume PCB | Concentración PCB no fluído illante | |
|---|
| > 5 dm3 | 500 ppm | (a) |
| 50-500 ppm | (b) |
| 1-5 dm3 | | (c) |
(a) Tamén pertencen a este grupo os seguintes casos:
- Os aparellos fabricados cun fluído illante diferente de PCB que se someteran a tratamento de filtrado ou desencovaranse para a reparación ou conversión
- Os aparellos obxecto de operacións de mantemento ou outras manipulacións coas cales se orixina contaminación
(b) Na declaración deste tipo de aparellos pode omitirse a cantidade de PCB contido nos mesmos, ademais das datas e tipos de tratamento ou substitución realizados ou previstos.
(c) Na declaración destes aparellos pode omitirse a concentración total de substancias PCB, datas e tipos de tratamento ou substitución realizados ou previstos de se realizar e o peso total do aparello.
Obrigas dos posuidores
- Declarar anualmente a posesión de aparellos sometidos a inventario, as previsións para a súa descontaminación ou eliminación, e identificar os aparellos xa descontaminados ou eliminados.
- Descontaminar ou eliminar, antes do 1 de xaneiro de 2011, os PCB e aparellos que os conteñen, coas características e prazos establecidos pola normativa.
- Etiquetar convenientemente os aparellos e os locais onde están situados.
- Acreditar, cando sexa preceptivo, o contido de PCB mediante análises químicas normalizadas.