Aproveitamento en obras de acondicionamento de espazos degradados distintos das canteiras
Normas comúns
- As operacións de aproveitamento non se poderían iniciar en tanto o organismo administrativo competente en materia de residuos non resolva a autorización de xestor de valorización, no caso de residuos non perigosos inertes procedentes de RCD's, ou non se pronuncie sobre a viabilidade ambiental da actuación no caso dos residuos inertes de distinta procedencia.
- As operacións de aproveitamento destes residuos poderían realizarse unicamente cando o residuo sexa inerte e adecuado ao uso ao que se destina.
- O organismo administrativo competente en materia de residuos podería exixir en cada caso, a presentación periódica de analíticas que demostren que o residuo segue a ter o carácter de inerte así como un informe sobre as actividades realizadas.
| Réxime |
Órgano que tramita |
|---|
| Para residuos non perigosos inertes procedentes de RCD's→ Autorización como xestor de valorización | Servizo de Control da Xestión de Residuos e Calidade dos Solos - Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental |
| Para o resto dos residuos non perigosos inertes →Comunicación | Xefatura Territorial da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas (Servizo de Calidade e Avaliación Ambiental) da provincia onde se realiza a actividade |
Documentación a aportar
- No caso de residuos non perigosos inertes procedentes de RCD´s documentación esixida segundo o artigo 8 do Decreto 174/2005.
- Acreditación do carácter inerte do residuo.
- Estudo da viabilidade real do proxecto que acredite que a previsión de utilización de residuos non perigosos inertes é axeitada tendo en conta a previsión do tempo de aproveitamento presentado no cronograma de traballo a aportar pola empresa e a estimación real da produción de residuos non perigosos inertes da zona de influencia.
- Proxecto de rexeneración da zona a restaurar, se é o caso.
- Seguimento da restauración mediante un programa específico de control da actuación, se é o caso
- Procedemento do control das entradas realizando probas de caracterización previa dos residuos a utilizar.
- Xustificación de que o resultado da operación sexa a substitución de recursos naturais que, no caso contrario, deberían utilizarse para cumprir o fin buscado coa obra de restauración.
Outros requisitos específicos
- No caso de residuos non perigosos inertes procedentes de RCD´s obrigatoriedade de que pase previamente por unha planta de clasificación antes de seu deposito na zona degradada, salvo que se demostre que o produtor cumpre a súa obriga de separación en orixe.
- Realización de visita previa de comprobación “in situ” para asegurar que no espazo a restaurar non se están depositando na actualidade residuos sen control e que a zona é axeitada para o fin que se pretende.