Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda

CMATI

|
|
|
Compartir

Preguntas máis frecuentes

Como se clasifican os envases?

A efectos do disposto na Lei 11/1997, os envases poden clasificarse en dúas categorías en función do destino final:

  • Envases domésticos: aqueles que chegan ó consumidor final para o seu uso e consumo ordinario nos domicilios particulares.
  • Envases industriais ou comerciais: aqueles que sexan de uso e consumo exclusivo nas industrias, comercios, servizos ou explotacións agrícolas e gandeiras, que non sexan susceptibles de uso e consumo ordinario nos domicilios particulares. No es necesario que se adhiran un sistema de xestión integrado.

A Lei de envases obriga ós envasadores e ós comerciantes de produtos envasados ou, cando non sexa posible identificar ós anteriores, ós responsables da primeira posta no mercado dos produtos envasados, que os xestionen mediante un Sistema Integrado de Xestión (SIX) ou ben que establezan un Sistema de Depósito, Devolución e Retorno (SDDR).

Quedan excluídos do dito anteriormente os envases industriais ou comerciais, salvo que os responsables da súa posta no mercado decidan someterse a elo voluntariamente (excepto os envases de produtos fitosanitarios). Para elo, deberán comunicar a cada unha das Comunidades Autónomas nas que comercializa o seu produto, que os envases son de tipo industrial ou comercial e polo tanto se acollen ó disposto na Disposición Adicional 1ª da Lei de envases.

Quen é responsable da xestión dos residuos de envases industriais e comerciais?

A responsabilidade da correcta xestión destes envases trasládase ó receptor dos envases, e en último lugar corresponde ó posuidor final, quen está obrigado a entregalos a un xestor autorizado de residuos. Débese detallar documentalmente nas operacións de compravenda ou transmisión (por exemplo na factura) que o responsable da entrega dos residuos de envases para a súa axeitada xestión será o posuidor final.

Cando se consideran perigosos os residuos de envases?

Os envases considerados como residuo, que conteñen restos de substancias perigosas ou que están contaminados por elas, réxense polos mesmos criterios que calquera outro residuo para determinar se son ou non perigosos. Os pasos que se deben seguir para isto serían:

  • Caracterización inicial:
    • 1. Identificar a/s substancia/s que contiña o envase (ver ficha de seguridade da substancia).
    • 2. Identificar os riscos (características H) asociados ás ditas substancias.
    • 3. Comprobar se a perigosidade das substancias corresponde a algunha das características H3 a H8, H10 e H11. Se fose o caso, determinarase a cantidade (peso) das substancias perigosas presentes no envase en relación ó peso total deste, para o que se realizará unha mostraxe representativa de toda unha partida de residuos correspondente ó envío. Os resultados remitiranse á Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, quen aprobará a mostraxe e propoñerá as accións de comprobación que estime oportunas. Se a porcentaxe das substancias perigosas é superior ós valores indicados no apartado A do anexo 2 da Orde MAM, os envases deberanse xestionar como residuo perigoso.
    • 4. Se a perigosidade das substancias corresponde a calquera das outras características de perigosidade (H1, H2, H9, H12 a H14), independentemente da cantidade de tales substancias, o residuo deberase xestionar como residuo perigoso.
  • Probas de conformidade:
    A súa función é comprobar periodicamente, en fluxos de residuos xerados con regularidade, que se cumpren os criterios da caracterización inicial.
    A proba de conformidade deberase realizar polo menos unha vez ó ano.

En calquera caso, se os envases se xestionan mediante depósito en vertedoiro, aplicaranse os criterios e procedementos de admisión de residuos en vertedoiros segundo o establecido na Decisión do Consello do 19 de decembro de 2002.

Quen está obrigado a presentar a declaración anual de envases?

Toda entidade que sexa envasadora, independentemente de que os envases que poñan no mercado sexan domésticos ou industriais ou comerciais e independentemente tamén da súa cantidade, sempre que sexa a primeira posta no mercado.

  • Cando os envases foron postos no mercado a través dun SIX (Sistema Integrado de Xestión) é a entidade responsable da súa xestión quen debe presentar ante a Comunidade Autónoma onde radica a súa sede social, antes do 31 de marzo de cada ano, a Declaración Anual de Envases. Para elo, os envasadores deben achegar á dita entidade, antes do 28 de febreiro de cada ano, a información necesaria.
  • No caso de empresas que poñen no mercado envases comerciais ou industriais e non están adheridas a ningún SIX, é a propia empresa a que debe elaborar a Declaración Anual de Envases e presentala antes do 31 de marzo de cada ano.
     

 

Quen está obrigado a realizar un plan empresarial de prevención de envases e residuos de envases?

Os envasadores que ó longo dun ano natural poñan no mercado unha cantidade de produtos envasados e, no seu caso, de envases industriais ou comerciais, que tralo seu uso ou consumo sexan susceptibles de xerar residuos de envases nunha contía superior a:

  • 250 Tm, se se trata exclusivamente de vidro
  • 50 Tm, se se trata exclusivamente de aceiro
  • 30 Tm, se se trata exclusivamente de aluminio
  • 21 Tm, se se trata exclusivamente de plástico
  • 16 Tm, se se trata exclusivamente de madeira
  • 14 Tm, se se trata exclusivamente de cartón, ou materiais compostos
  • 350 Tm, se se trata exclusivamente de varios materiais e cada un deles non supera, de forma individual, as anteriores cantidades

Estes plans deben realizarse cada tres anos.

Sistema de depósito, devolución e retorno (SDDR) de envases

Cando un envasador vaia poñer no mercado a totalidade ou parte dos seus produtos a través dun sistema de depósito, devolución e retorno (SDDR), deberá comunicalo ao órgano ambiental da/s Comunidade/s Autónoma/s onde vai realizar a primeira posta no mercado (artigo 6.2 do Real Decreto 782/1988).

Na anterior comunicación deberá incluír:

  • Os acordos necesarios subscritos con xestores autorizados dos residuos de envases que se van xerar
  • Unha relación detallada dos produtos envasados que desexa poñer no mercado a través deste sistema
  • Indicación do tipo de material, composición e características físico-químicas e biolóxicas do envase
  • Información de carácter xeral sobre o produto envasado

Os envasadores e comerciantes poderán supeditar a aceptación dos residuos de envases e envases usados ao cumprimento de determinadas condicións de conservación e limpeza dos mesmos.