Data de publicación: 19.10.2023
Descrición:
Lanzamento dunha nova convocatoria dos Premios Mares Circulares, unha iniciativa destinada a recoñecer e premiar o labor científico e empresarial que contribúe significativamente á solución do problema do lixo mariño.
Estes premios céntranse en dúas modalidades principais:
Proxectos de investigación que incrementen o coñecemento sobre a problemática e os impactos do lixo mariño e residuos sólidos, ofrecendo alternativas para a redución destes e achegando solucións que promovan a economía circular.
Start-ups ou proxectos empresariais que desenvolvan solucións á problemática ambiental xerada polos residuos en contornas mariñas sobre a base de principios e metodoloxías propios da economía circular ou sustentabilidade.
O prazo de presentación é antes do 31 de outubro de 2023.
Poden atopar máis información no documento adxunto.